caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Indielisboa 2008. Capítulo 5: Unhas fotos...
> Indielisboa 2008. Capítulo 5: Unhas fotos... <

O martes foi o día do cóctel de homenaxe a Johnnie To a bordo do veleiro Príncipe Perfeito. Unha leve indisposición que aconsellaba un breve descanso impediu a asistencia do director hongkonés; debeu ser o único que faltou, porque alí no barco estaba todo o festival. Un paseo polo Tejo certamente inesquecíbel.













Era perto das nove cando chegamos de volta ao Cinema São Jorge, e eu tiña por diante dúas alternativas á mesma hora: achegarme á proxección de Sparrow de Johnnie To, ou asistir ao encontro con José Luis Guerín no Cabaret Maxime. Saco entrada para a primeira e entreteño a espera con Daniel e dúas amigas na pastelaria Bela Ipanema, con bifanas e imperiais de por medio. Eles van ver Momma's Man de Azazel Jacbos, que comeza antes, e eu subo á sala 1 do São Jorge. Para a miña sorpresa alí está xa, agardando, o director Johnnie To. Achegueime a el con decisión e púxenlle diante o libro e a caneta; aquí fica, para a posteridade, o resultado do noso encontro.



Vexo media hora de Sparrow, que non está nada mal, e marcho para pasar polo coloquio con Guerín e Núria Esquerra. Guerín fala moito e ben, coma sempre, e se declara próximo ao cinema de Pedro Costa. En breve deixarei aquí uns vídeos dese acto.



A noite remata no Musicbox, nun concerto-tributo a The Clash ao que acode moito persoal do Indielisboa. Marcho a iso das tres, pensando en facer algo de turismo o mércores pola mañá, poucas horas antes de coller o avión de regreso. As miñas ganas de volver á Coruña non chegan ao 1 nunha escala de 0 a 10.

Por certo, o Grande Prémio de Longa-Metragem “Cidade de Lisboa” levouno un filme moi malo, Wonderful town. Aquí teñen o palmarés completo.

2008-05-05, 14:56 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57190

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.18.46 (9ac191d804)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley