Poucas veces os enviados aos festivais de cine dos principais periódicos españois acadaron cotas de tan lamentábel e errada unanimidades como o ano pasado en Cannes coa súa valoración da película Juventude em marcha, do lisboeta Pedro Costa. Carlos Boyero escribiu na súa crónica de El Mundo que superaba "en cretinez" aos "variados engendros" que lles ofreceran antes, e cualificou de "espíritus inconfundiblemente masoquistas" ás persoas que optaron por ver até o final unha historia "construida con planos fijos que llegan a durar 15 minutos y en los que [o director] coloca a un hombre negro y a su farfulleante hija para que cuenten de forma inconexa y surrealista las cosas que les han ocurrido en la vida". O noutrora director do Festival de Cine de Donostia Diego Galán dixo en El País que era un "experimento viejo" e proseguiu a súa escalada cara ao delirio afirmando que Pedro Costa "niega el cine como lenguaje, colocando la cámara fija ante (malos) actores que hablan y hablan como si fuera teatro antiguo". Para Oti Rodríguez-Merchante, do ABC, na cinta hai un ou dous personaxes que "dicen un texto que no lo puede haber escrito nadie en su sano juicio", para advertir finalmente que "aunque parecía una broma de mal gusto, no lo era". Mentres a prensa española máis lida demostraba non xa unha certa incapacidade para apreciar o cine que se aparta das fórmulas máis convencionais, senón ademais -e iso é moitísimo peor- un brutal desprezo con alarmantes apuntamentos de intolerancia, para a crítica internacional máis exixente, da francesa Cahiers du Cinema á arxentina El amante, a película do director portugués atopábase entre o máis salientábel visto ese ano en Cannes.
O protagonista desta obra mestra de Pedro Costa é Ventura, un caboverdiano que nos anos setenta emigrou a Portugal na procura dun futuro mellor. A película reflicte de forma paralela o seu pasado, o dun obreiro calquera que convive cun compañeiro nun escangallado barracón; e o seu presente, o momento xusto da recolocación dos antigos moradores do barrio/favela de Fontaínhas nas vivendas de protección oficial de Casal da Boba, uns edificios brancos, novos e impersoais. Ventura reencóntrase con mozos e mozas que imaxina ou sospeita que poderían ser os seus fillos e aos que en calquera caso trata como tales, e da súa man contemplamos anacos das súas vidas, filmados sempre de maneira estática con asombrosa precisión no que atinxe á elección de cadros e a iluminación, cos personaxes literalmente recitando ou declamando os seus parlamentos dunha maneira case fantasmal pero tamén chea de verdade. A dupla deslocación de espazos (Fontaínhas/Casal da Boba) e tempos (pasado/presente) tece un continuum específico e imaxinario no que habita Ventura, un home de maneiras elegantes e porte estatuario que a cámara de Pedro Costa nos amosa intensamente fordiano.
Como Sunrise, Ordet, Pather Panchali e The searchers, Juventude em marcha é unha desas obras verdadeiramente capitais que moi de tarde en tarde aparecen no cine e o transforman para sempre. Máis alá do seu extremo rigor estético, o que fai grande a Pedro Costa é o seu radical humanismo, a súa capacidade para camiñar polas marxes menos favorecidas da sociedade conseguindo que a palabra dignidade permaneza tatuada no cerne mesmo de cada plano sen caer xamais na elitista sordidez daqueles que nunca se meterían no quarto, con Vanda. Películas maxistrais hai varias cada ano; Juventude em marcha é, ademais, un acto sublime de bondade.
Borrei dúas entradas anteriores referidas ao filme cuxo contido forma parte deste post. O único comentario que daquela apareceu no blog é este:
Don Erre que Erre
No esperaba ni más ni menos que lo que vi. Esto es, un ejercicio de estilo puro y duro, nada más. Basta con rascar sobre su superficie tenebrista y pixelada para encontrarnos con una autoindulgente visión sobre la alienación y el desarraigo. Respecto a su anterior película Costa sólo avanza en el plano formal para seguir hablándonos de lo mismo y de manera, como tú bien dices, algo más hiperbólica. Sigue excediéndose en el metraje de manera criminal, redundando en lo mismo una y otra vez. Seguramente con la consabida y tramposa intención de ponernos en situación, de acercarnos a los personajes y a su mundo.
Resulta patético, en mi opinión, hacer repetir hasta el hartazgo al pobre Ventura esa carta (digna de la pluma de Manuel rivas) que nunca será escrita. Destacaría en cambio las apariciones de Vanda y el mendigo cojo, las únicas que insuflan algo de vida y verismo a semejante retablo de zombies. En especial la escena (la única que me impactó) de la habitación de hospital.
Seguiré opinando con tu permiso sobre este seminal producto en breve.
De feito os españois non teñen nen ideia do que falan. Pedro Costa é o único director, coma dices e moi ben, que inscribe a palabra dignidade na xente que ós ollos dos outros parece tela perdido fai tempo. As suas pelis non son un mar de bágoas e sofrimento e será eso o que lles fai raro ós señores críticos de España e possiblemente de alguñas partes do mundo, Portugal incluso. Coma portuguesa e cinéfila, a verdade é que por aqui tampouco hai moita xente que lle de creto a este director, ainda que ninguén ten a coraxe de dicer que non fai un bo traballo, porque eso sería unha mentira. O que parece das críticas que falas é que neñun deles lle botou ollo nen na sinopsis nen en nada que fixera antes Pedro Costa. De feito, se o fixeran, saberian que este fala de un barrio e das persoas que nele viven, na súa maioría drogadictos que agora nesta peli vemos en reabilitacion, pero en anteriores ainda estava enganchada(OSSOS, NO QUARTO DE VANDA). Saberían ademais que essa xente non actua mais que nas súas pelis e que, a semellanza de unha das primeiras pelis de Pasolini, essa xente habita ali e fala da súas vidas. Aí sí, saberían do que falavan, ata lá, mellor sería non dicer nada, non che parece?
Interesante debate sobre la dignificación de los marginados. Personalmente aborrezco hasta el delirio semejante postura y a todos los "dignificadores" que se precien, desde Costa hasta S. Salgado (parece ser que la lusofonía va ligada a todo esto). En cualquier caso, más allá de arrebatos chovinistas, lo que está claro es que me parece una postura bastante más balsámica la de un Buñuel (por ejemplo en Viridiana y Los olvidados) que la de un tipo que pretende "dignificar" a base de planos fijos en contrapicado y rigidez por doquier. Claro está que no hay mayor dignidad que la de las estatuas (aunque declamen).
Por cierto, Martin, ya sé que comparar a Costa con Ford no es una exclusiva tuya pero permíteme decir que hay que tener el gusto estético de un macarra taleguero para para ver en Ventura (desdentado, fantasmal) un trasunto de Woody Strode (marmóreo, imponente).
De veras que no sé que coño os dado con esta peli.
a Don erre que erre:Hai duas hipotesis para quen ve indixentes na rúa: unha é darlles atencion, a outra é mirar cara a diante e seguir camiño. Se de feito ti non queres seguir a primeira e preferes a version romanceada do indixente, estás no teu dereito, ainda que isso sexa escapar da realidade. En Ossos hai un plano curioso en que o tio que vivia con Vanda pilla o fillo e o mete dentro de unha bolsa para deixalo en calqueira sítio. Ninguén o din, pero sabe-se. En Juventude em Marcha, Ventura vive nun sítio asqueroso coma todo dios que é imigrante, así coma os discursos disconexos de Vanda diante da camera con Ventura denuncian a súa adiccion, pero ninguén o din. De feito, o que molesta neses planos largos e fixos é que temos que mirarlos, mirar a esa xente da qual passamos de largo todolos dias sen molestarmos nada.
Don Erre que Erre, Pedro Costa non ten que dignificar a ninguén, porque a dignidade xa a traen eses seres humanos de serie. O que fai Pedro Costa é deixarlles espazo e tempo para que se movan e falen; convídanos a convivir con eles, sen fozar na súa desgraza e amosárnola de maneira inmisericorde e distante como adoitan facer todos eses Brunos Dumont que hai polo mundo adiante. O grao de implicación persoal e estética que asume Pedro Costa é o que outorga altura ao seu cinema, alén da beleza das súas composicións, que iso vai segundo gustos. Polo demais, non é preciso dicir que entre o aspecto físico de Ventura e o bastante máis louzano Woody Strode non hai moita comparación posíbel; pero é que eu non estaba pensando nos seus pectorais, precisamente.
Filipa, debo dicirlle que foron moitos os críticos españois que xa desde os primeiros pases no Festival de Cannes saudaron con entusiasmo o filme de Pedro Costa. Outra cousa é que eses críticos non escriban nos xornais máis vendidos e polo tanto non teñan a millonaria audiencia potencial da tripleta El País - El Mundo - ABC. Por exemplo, na sondaxe sobre o mellor cinema do 2006 elaborada pola revista Contrapicado, Juventude em marcha resultou o filme máis veces citado, cos votos de xente como Álvaro Arroba (Letras de cine), Eulália Iglesias (Rockdelux), José Manuel López (Tren de sombras), Carlos Losilla (Universidad Pompeu Fabra), etc.
El artículo del tal Foundas no ofrece nada nuevo (los mismos argumentos volátiles de siempre), en cambio llama la atención por sugerir un Nobel de la Paz para Costa...
Básicamente la mayoría de razones que se esgrimen para defender la película adolecen de la misma peligrosa frigidez de los discursos del arte contemporáneo desde hace décadas, empezando por sugerir que el espectador debe de rebuscar en cada plano su propio sentido (de él mismo y del plano), etc.
Creo que Costa es únicamente un esteta ensimismado, preocupado sobre todo por las texturas de las cosas. Me atrevo a asegurar que su obsesión con Fontainhas y sus gentes tiene más que ver con explotar un filón estético (la estética del detritus tan en boga) que un verdadero ansia de exploración formal y temática. Observando las opresivas paredes desconchadas de los chamizos no me parece ver solamente a los personajes encajados en ellas sino también a quién está postado tras la cámara. Nada de radicalismo ni extremismo sino más bien previsibilidad y conservadurismo.
Tampoco veo ninguna cosa que no haya sido hecha y repetida con anterioridad por otros cineastas (desde la Akerman de Jeanne Dielman hasta los Straub).
Ciertamente Juventude em marcha no cambiará en absoluto la historia del cine (a Dios gracias) ni Costa gozará jamás -por mucho que se esfuercen algunos- del crédito de aquellos en los que al parecer se inspira (exceptuando el cine momificado de los Straub) pero desde luego su última obra nos brinda y nos seguirá brindando (algo es algo) la más insistente retaíla de chaladuras por parte de aquellos empecinados en detectar el grial del cine del futuro.
Martin: eu non me referia a todos os críticos españois, que en España tamén hai xente que pensa, mais aqueles que escriben para as mazas e que influenzian a xente para ir a ver esta ou aquela peli, moitas veces porque lles pagan mellor.
Don erre: Unha vez mais non creio que o entenderas. Pedro Costa non é un hippie que va de vacacions ó fin do mundo plantar patacas ainda que nunca teña visto neñunha. Ele viveu moito tempo ali e coñece essas persoas polo menos desde 1996 se non me falla a memória. Por isso, ele xa non é o vampiro que lle quita a sangre ós degrazados, mais parte desse mundo, axudando moitos desses personaxes a cambiar de vida en realidade. Non queremos darlle neñun premio, a penas me parece inxusto o que dis. O da estética será outra cousa, cada cual que pense o que queira...
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)