CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > 27-M en GZ
> 27-M en GZ <

1) Atendendo aos grandes números, os resultados do PP no noso país non son nefastos, pero a realidade é que experimentan un importante descenso e non gobernarán en ningunha das sete principais cidades galegas se como é razoábel se xeralizan os acordos PSOE-BNG, malia o feito de que en varias delas, caso de Coruña e Vigo, melloran notábelmente respecto do 2003. En conxunto baixa un 2% a porcentaxe de voto, que se sitúa por debaixo do 40%, e perden uns 250 concelleiros e en consecuencia unha morea de alcaldías. Para Feijoo é un claro triunfo; éxitos coma ese son os que levan a un partido de vitoria en vitoria até a derrota final.

2) Cunha cifra de votos semellante á do 2003, o BNG acada case setenta concelleiros máis e previsibelmente entrará nos gobernos das cidades máis poboadas; mesmo en Ferrol, onde sofren un espectacular descalabro.

3) A caída do PSOE na Coruña, maior da que todos agardabamos, é unha magnífica cura de humildade para un partido que leva gobernando a cidade de maneira máis ben despótica, en especial durante a etapa/lousa vazquista. Inxusto sería recoñecer os logros das súas seis lexislaturas en solitario; tan inxusto como negar o saudábeis que son os pactos.

4) En Sada, o BNG é a forza que recibiu máis apoios, pasando por riba do franquista confeso Monchoesmucho; e iso é algo que me alegra especialmente a min, que aínda gardo de recordo aquel ladrillo pisaconciencias.

5) Cal é o concello máis grande rexido polo PP? Lalín?

2007-05-28, 03:19 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/49792

Comentarios

1
De: morcego Fecha: 2007-05-28 04:32

ribeira, acho



2
De: confirmo Fecha: 2007-05-28 09:44

ribeira.
por certo, non tiña internet e seguín "os comicios" pola radio galega. entre outras moitas gambadas, aseguraban que o PP mantería a alcadía de Cangas se firmaba un máis que previsible acordo con ACE (alternativa canguesa de esquedas).
que vivan os xornalistas serios!!



3
De: touriñan Fecha: 2007-05-28 12:19

O que estivo de pinga foi que perderan en Muxía.



4
De: Juanjo Fecha: 2007-05-28 14:34

Pois Vázquez o ten clarísimo:«El PSOE debe pactar con el PP en La Coruña».



http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5845245



5
De: susolista Fecha: 2007-05-29 00:04

Este Paco, si que "es mucho".



6
De: Anónimo Fecha: 2007-05-29 17:36

Lalín, con razón ou sen ela



7
De: Hai Cada! Fecha: 2007-05-29 21:23

Eu teño un disgusto tremendo porque conserven a Diputación de Pontevedra... vai ser unha dose de osíxeno para algúns pequenos déspotas.
Penso que o dato de Lalín non é acertado: Ponteareas es a día de hoxe bastante máis grande que Lalín e alí governará o PP case con seguridade, ainda que a lista máis votada é a do BNG :(.
Algunhas das minhas alegrías son a volta ao fogar do alcalde de Salceda de Caselas (31 anos!!!!) e as derrotas de Gondomar e Nigrán, que fan pensar que, ás veces, hai unha mínima moralidade nos votantes.
Saúdos.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley