CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > O porco de pé
> O porco de pé <


"Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo..."
Vicente Risco, O porco de pé

Hai hoxe un ano Monchoesmucho recuperaba a alcaldía de Sada por un módico prezo. Dese tema falouse bastante neste blog, empezando por aquel día en que lhes contei como funciona a Cousa Nosa. Aquel post propiciou un intenso intercambio dialéctico entre un sagaz comentarista fordiano e un servidor que acabou, como non podía ser menos, en empate técnico (seguimos, iso si, á espera de que Vendell cumpla o que prometeu). Nestes días estranhos houbo espazo para toda clase de actos e manifestacións, e mesmo para recolher as palavras dos voceiros da Plataforma pola Democracia en Sada ou para ensaiar formas sen fin de expresión na rede. O caso é que o mancebo franquista Monchotúyasabes segue campando polo concelho, e aínda que non todo saeu como el agardaba non hai razóns para estar nin sequera minimamente satisfeito: a súa ocupación da alcaldía é unha vergonha para esta democracia formal na que a vontade dos cidadáns vale tanto como o que custa mercar aos seus representantes; nin mais, nin menos.

Iso si: algo bon aprendemos en Sada, coma antes xa fixeramos co Nunca Mais, e é que a reivindicación de xustiza pode debe ir da man da ledicia e do humor intelixente.

2005-01-19, 01:00 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/25660

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-19 23:22

Vendell tamén lhe deu ao tema Moncho/Ubú: 1 2 3 4



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-19 23:24

Por certo, outra cousa que me quedou daqueles días manifeirantes é un ladrilho que aínda conservo, a maneira de pisapapeis con conciencia.



3
De: Vendell Fecha: 2005-01-19 23:31

Ja ja, hoxe estaban a botar foguetes en Sada. Non sei si era Moncho mesmo celebrando o cabo de ano da súa volta ao poder ou se eran os da Plataforma celebrando que xa lle queda un ano menos pra voltar pra casa. Ou pra a cadea, no caso de que os xuíces se animen.



4
De: Vendell Fecha: 2005-01-19 23:33

En canto rematemos o destrozo na casa invítoos ao prometido ;-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley