caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Astronómico equívoco
> Astronómico equívoco <

A defensora do lector de La Voz de Galicia, Arantza Aróstegi, dedica hoxe a súa columna a recoñecer a equivocación cometida polo xornal ao publicar hai unhas semanas un pequeno artigo titulado Controversia entre los astrólogos por la exclusión de Plutón que chamaba así aos astrónomos Alan Stern e Robin Catchpole. O erro, explica Arantza, apareceu na primeira edición, a de España, e foi detectado polos traballadores da sección de Cierre, que puideron corrixilo para a da Coruña; pero "por arte de birlibirloque" (nas súas propias palabras "un eufemismo en referencia al complejo sistema informático de cambio en las distintas ediciones"), reapareceu na de Ferrol, onde "seguramente" foi visto polo comunicante que se lle queixou, Mario Rodríguez Riotorto. Do que non parece terse decatado Arantza é que o texto dos astrólogos -que por certo é de axencias, así que calquera malpensado diría que non o contrastaron debidamente- apareceu tamén na edición dixital de La Voz de Galicia e alí segue, dentro da súa hemeroteca, sen que até o momento ninguén rectificase nin o titular nin o corpo da noticia:

Controversia entre los astrólogos por la exclusión de Plutón

La decisión tomada el jueves por la Unión Astronómica Internacional (UAI) de redefinir a Plutón como planeta enano y excluirlo de las lista de nueve del sistema solar ha avivado las críticas de astrólogos de todo el mundo.
Que no cambia nada y que es una decisión sin sentido son las ideas comunes de científicos que no opinan como los 424 que votaron el nuevo estatus de Plutón por unanimidad.
El astrólogo uruguayo Boris Cristoff ha descalificado a la UAI y estimó que «en lugar de servir a la astronomía están sirviendo a la astronomía política».
«No es más que una decisión ridícula. No tienen sentido la división entre planetas enanos y planetas», sostiene el astrólogo británico Alan Stern. Robin Catchpole, de Cambridge, también cree más lógico dejar las cosas como están.

2006-09-10, 16:39 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42802

Comentarios

1
De: rvr Fecha: 2006-09-10 20:22

Esta es buena, porque ha mezclado opiniones de astrólogos y astrónomos. Lo curioso es que la propuesta de definición de planeta fue impulsada por _astrónomos_ uruguayos.



2
De: Julicheiro Fecha: 2006-09-10 23:21

Dende logo, señor Pawley, non sei onde imos a parar con este hábito malsano de criticar constantemente a un xornal que sempre se caracterizou, coma vostede ben recoñeceu nun post recente, por practica-lo xornalismo serio e independente...



3
De: Oscar Fecha: 2006-09-11 10:17

Xa non nos asustamos eh, Pawley...



4
De: Vendell Fecha: 2006-09-11 14:48

Ao ler a noticia non tiven dúbida de que o tal Cristoff era astrólogo e que que Alan Stern era astrónomo: os nomes o din todo. Non o tiña tan claro con Robin Catchpole (agharrao ao poste), que ao final tamé resultou ser un tipo serio.



5
De: AnxoD Fecha: 2006-09-11 15:08

Sempre hai erros cando toca falar de ciencia. Nas páxinas de relixión (por poñer unha antítese) pouco se equivocan. Pero é xeralizado para toda a prensa. Nun suplemento de "El País", coido que o ano pasado, tiveron o mesmo erro que ofendera bastante á comunidade científica. Algún destes medios ten seccións adicadas á tecnoloxía e ciencia, mais seica fan as crónicas os mesmos que inventan o Horóscopo.
Hai que coidar máis, moito máis, todo o relacionado coa ciencia.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-09-11 15:17

Foi nin máis nin menos que toda unha portada de El País Semanal:



Javier Armentia dedicou un post ao tema e á resposta do Defensor do Lector.



7
De: mariana Fecha: 2006-11-07 02:10

no entendi un huevo
jejeje



8
De: carolina Fecha: 2006-11-07 02:11

hola.
pido una respuesta a una pregunta
¿cuales son los planesta que se encuentran fuera del sistema solar?
por favor contesten a mi pregunta



9
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-08 03:30

carolina, lea isto.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley