caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Unhas paxiniñas
> Unhas paxiniñas <

O xornal El País lanza mañá a súa edición para Galiza, que ofrecerá cada día doce páxinas con información e contidos específicos en correctísimo castelán. Como proba do seu intenso compromiso coa nosa terra, todos os venres incluirá "unas páginas especiales" en galego dedicadas a cuestións culturais. A lingua galega válelles para a cultura e o folclore, pero non para falar de política ou tecnoloxía, e tampouco para facer opinión.

Aproveito pois o blog para darlles as miñas máis efusivas grazas á xente que fai El País por este apoio tan decidido ao bilingüismo harmónico. Tereino moi en conta (pero moito).

2006-11-21, 13:46 | 40 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/44780

Comentarios

1
De: Se Moncho Fecha: 2006-11-21 17:32

Afortunadamente existe a internet. Resistem-se, mais os jornais em papel têm os dias contados. Quem quer ler El pais podendo ler "Dias Estranhos"?



2
De: mourullo Fecha: 2006-11-21 18:33

Efusivo señor Pawley: fáltalle un / no final do link para a páxina de El País. A cousa ten que ser

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/elpepusoc/20061121elpepisoc_13/Tes/



3
De: folerpa Fecha: 2006-11-21 19:39

O curioso é que un xornal tan reseso como o ABC, cuxa edición merco os sábados polo seu suplemento cultural, ten máis novas en galego, e non so de cultura, que moitos diarios do país.



4
De: Xabier Fecha: 2006-11-21 21:09

O problema da Galiza é o das suas elites "provincianas e colonizas" E os vossos comentários (especialmente o de folerpa) não fazem mais que confirmar isso. As actuais elites galegas (especialmente as económicas) dão verdadeiro noxo!! Solução, substituí-las por outras que acreditem verdadeiramente nas potencialidades do país. A começar pola nossa língua universal.
Leiam o artigo de Fernan Vello no GH de hoje:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=106473



5
De: Pablo Fecha: 2006-11-21 21:48

Pois se ése é o diario progresista... de que nos estrañamos? É o diario do PSOE, ou iso din os do PP, e non é Paco Vázquez do PSOE? Non serán eses os que veñan a publicar un xornal, ou parte del, en galego



6
De: O levantador de minas Fecha: 2006-11-22 00:03

Eu fiquei asombrado co grande poder suxestivo que ten o artigo anunciador, cando fala do "nuevo equipo redaccional". Meu Deus, como escribirán en galego, cando todo o mundo sabe que OS ERROS ORTOGRÁFICOS SON MENOS RELEVANTES! Estou a tremer.



7
De: maria_castanha Fecha: 2006-11-22 01:29

Por curiosidade, em Catalunha há umha ediçom similar? Em que língua?



8
De: A Randeeira Fecha: 2006-11-22 06:15

Deixarei de mercar El País e pasareime a El Progreso, que fai o mesmo pero xa me ten acostumado.



9
De: shs Fecha: 2006-11-22 10:31

Esta é unha excelente ocasión para estar calado, e máis cando eu son directa e negativamente afectado pola política lingüística PRISA, pero ¿por que se lle esixe a unha empresa madrileña o que se soporta a cotío a empresas de aquí que teñen axudas do goberno galego? Se o único argumento á hora de xulgar/consumir un medio é o idioma, ¿era boa antes a TVG ou a Radio Galega?
As edicións de Cataluña, Euskadi e Valencia están en castelán (o que tampouco é argumento, por outro lado)



10
De: webensis Fecha: 2006-11-22 11:54

Del blog de Arcadi Espada:

"El artículo del director celebra la nueva edición de Galicia. Ayer el periódico daba cuenta del hecho en una información inolvidable: 29 veces aparecían los términos Galicia o gallego y derivados. Pero lo mejor eran estos sintagmas: “La información gallega”. “Un equipo de periodistas completamente gallego”. Y este delicioso: “Una ilustración a color”."



11
De: psss Fecha: 2006-11-22 13:14

Adícate ao pensamento, Martin Pawley...



12
De: MacLapfer Fecha: 2006-11-22 13:29

O país e o grupo prisa, nunca se destacaron por interesarse moito por Galiza precisamente. Ao mellor o que habería que averiguar se non van cobrar algunha subvención por esas páxinas de política lingüística, por que xa sería o colmo. Por outra banda agora teñen un goberno amigo ao que teñen que potenciar co seu NODO particular.



13
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-22 14:35

shs, quizá porque esa empresa madrileña vai ter no sucesivo as mesmas axudas, a mesma publicidade institucional, etc, que as empresas de aquí?

En calquera caso, a min non me ofende que El País saque unha edición galega integramente en castelán. O que me ofende é que queiran quedar ben metendo unhas paxiniñas en galego os venres para falar de cultura. Ou todo, ou nada, ou ao 50%, opcións todas elas xustificábeis, pero un pouquechiño para disimular é indigno, fágao El País, La Voz ou El Progreso. E que se lles esixa a colaboradores galegofalantes que escriban columnas en español para un público que entende perfectamente o galego, ten o seu aquel...



14
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-22 14:49

Lembremos, por certo, que na edición galega de El Mundo, cando a había, había columnas en galego nas que escribía xente como Xavier Alcalá ou Xabier P. Docampo. E ademais, por alí andaba o lembrado Aníbal C. Malvar!



15
De: marcos da tortela Fecha: 2006-11-22 17:33

E por que agora lle entrou tanto interese por Galiza a EL PAIS? Pregunto



16
De: folerpa Fecha: 2006-11-22 17:58

Carafio! eso de que Xabir me inclúa no memso parágrafo caas elites "provincianas e colonizas" coma el as denomina chegoume ben fondo. Por certo para mudalas xa sabes: primeiro haberá que crear outras distintas que vaian polo rego que ti lles marcas. Xa podes ir comezando companheiro...menos samba e máis laborar.



17
De: Observador Fecha: 2006-11-23 00:03

Os cartos públicos pagaron máis da metade publicidade no primeiro número da edición galega de El País

Máis en http://observandogalicia.blogspot.com/



18
De: psss Fecha: 2006-11-23 02:37

A edición galega de El Mundo era un caso especial: foi o único xornal que laburou contra Fraga daquela. E por que? Pois porque na dirección madrileña (Génova) querían buscarlle substituto a Fraga. Un que non fose Cuíña, que foi quen acabou pechando a edición galega.

Los renglones torcidos de Dios, en resume.

Non che importa falar tanto sen saber, Martin Pawley? Menos mal que tampouco é para tanto e non é que suba o pan contigo, que se non...



19
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-23 11:52

psss, pois polo que vexo non lle buscaron substituto con moito esforzo, e desde logo polo camiño meteron unha recua de columnistas que de pepeiros tiñan pouco.



20
De: webensis Fecha: 2006-11-23 11:55

Pawley, no estropees una buena teoría de la conspiración, leñe.



21
De: psss Fecha: 2006-11-23 14:12

Seino. E nas autonómicas do 97 fíxoselle campaña ao bloque. Curiosamente, o subdirector entón, que era quen levaba o peso da edición, desvinculouse prontiño dese xornal. Coñécelo? Ten un blog chamado elperiodistaincendiario...

Ala, seguide así, que o pan está ao mesmo prezo.



22
De: horacio Fecha: 2006-11-23 19:13

Suscribo os comentarios de shs e vou máis alá, pois estou por ver, señor Pawley, un comentario no mesmo ton que este cando comecen a publicar algún/algunha dos seus colegas/AS, frecuentes e laureados nestes mundos da blogosfera, ferventes e demagogos defensores da Galiza que naceu após o Prestige, galega e dobarrista. Seguirán aburríndonos con Pucho Boedo pero desta volta o reivindicarán en español, e sei de boa tinta que ninguén lles puxo unha pistola no pescuezo para que dixeran si, si, en Prisa si. Deixemos tanta hipocresía, e tanto falar sen saber, como xa lle dixeron, e adícase mellor ao pensamento, pero ao pensamento pedante co que se exhibe nesta páxina, non ao do falar do que non sabe, porque aquí semella que en canto un sae dúas veces nun xornal xa é voz autorizada. (E por favor, obvie respostas obvias, valga a redundancia, do tipo: que fago por aquí, polo blog; podo garantirlle que ten máis que ver coa obriga profesional que co interese persoal, valoro moito a miña saúde mental e intelectual)



23
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-24 01:00

horacio, o comentario xa está feito e está ben clariño, e ademais non ten data de caducidade: o seu contido vale para agora e para dentro dun mes. Cadaquén é moi libre de escribir onde lle cadra, cobrando ou sen cobrar; agora ben, mudar o galego polo español para dirixirse a un público galego é algo que eu non vou aplaudir nunca, fágao quen o faga. Respecto ao de "falar sen saber", non sei a que se refiren, pois eu aquí neste post fixen mención de feitos públicos e evidentes, que non requiren ningunha clase de información privilexiada; limiteime a opinar sobre a intención de El País de marxinar a lingua galega. É certo que iso tamén o fan outros xornais, pero a) Mal de moitos... b) Súponse que estes de El País son "os progres", os do "buen talante", os da "España plurinacional". Esa é a moto que nos venden, así que algo máis estabamos en condición de agardar



24
De: pss Fecha: 2006-11-24 01:55

Que falas sen saber é evidente: pensa en cómo interpretas eses "feitos públicos e evidentes". De feito, confundes información privilexiada con información de primeira man.

Por outra parte, non cómpre saber latín para interpretar que o progresismo da edición galega de El Mundo foi unha casualidade afortunada, tendo en conta canto durou, non cres?

Eu de ti preocuparíame de mellorar o meu galego oral, de entrada. E tamén de impostar un pouco mellor, non vaias quedar co cú ao aire.



25
De: pss Fecha: 2006-11-24 02:00

Tamén é certo que motos hai moitas, e non son boas motos as que nunca tiveron a oportunidade de ser malas.

O malo de ser coñecido é que xa se te pode coñecer, Martin...

Por poder, pódeselle preguntar a Isaac Díaz Pardo por qué razón nunca quixo saber nada dun xornal galego en galego.

Digamos que o teu comentario non é críbel. Punto pelota.



26
De: Horacio Fecha: 2006-11-24 11:52

De novo, a pss me remito. Y es más, voy a contestar en español, porque sí, porque me dá la gana, porque a mí no me hace falta "impostar" para tener las ideas claras y defenderlas sin necesidad de demagogias ni postureos. En cuanto a las motos y el "progresismo"... diga usted que sí, deje que EL País sólo las venda y que Miraxes, Hai Verbena, o Extraradio, o último premio Xerais ou mesmo este blog a "practiquen", que de seguro que así mellora moito a cultura do País. (Anda, acabei escribindo en galego, será porque penso nese idioma, que é o do que realmente se trata. Cando un ten necesidade de xustificarse... malo, así que, veña, mellore o seu galego oral e siga escribindo sobre cine iraní. Mentres, os demais, seguiremos informando, porque, como xa lle dixeron, temos información, de primeira man, que non privilexida, témola e exercémola, porque é o noso. Simple e humildemente, cada un ao seu, pero semella que hai quen se cre coa verdade absoluta sobre o idioma, o cine, o xornalismo, o cambio climático, a física cuántica, o cambio de goberno, a pasarela Cibeles, etc, etc, etc. Punto pelota (até que a información de primeira man non nos comente algo así como que o seu nome buscou un oco nas páxinas de Polanco. Cousas veredes)



27
De: Kiko Fecha: 2006-11-24 13:18

Horacio: se cres que o último premio Xerais é "progresista" estás moi mal informado. Onte, falando no Diario Cultural da Radio Galega, parecía o Fermín Muguruza de "Zu atrapatu arte".



28
De: Anónimo Fecha: 2006-11-24 14:14

Quico: non sei o que parecía onte Ameixeiras no Diario Cultural, sei o que lin en Tres segundos de memoria. Parecer pode parecer o que queira, escribir... é outro cantar. Por máis que este rapaz teña boa intención un ten que ser consciente das súas limitacións e a novela está moi lonxe de semellar a canción de Kortatu. O discurso non chega para xustificar unha obra se esta é máis que mediocre, algo no que está de acordo moita máis xente da que se atreve a dicilo publicamente, supoño que en moitos casos por iso de misturar o persoal co profesional, criticar a novela non é criticar a Ameixeiras, señores, a non ser que Ameixeiras se crea o papel de novo talento da literatura galega, que entón iso si sería preocupante.



29
De: Horacio Fecha: 2006-11-24 14:15

Anónimo é Horacio.



30
De: pss Fecha: 2006-11-24 16:29

A novela de Ameixeiras é moi mala, pero deixade que Martin Pawley a critique na revista de información para o debate do cura. Nin o un nin o outro leron dabondo, pero eu non opino ata ler a crítica de Martin. Qué país...



31
De: Uri Fecha: 2006-11-25 18:32

Que moita xente non se atreve publicamente a dicir que é moi mala, Horacio? Pois tamén hai xente que di publicamente que está de puta madre, rei. Así que non te creas o gardián do bo gusto. O que lle falta a este país é menos envexa, menos resentimento e máis xente que se atreva a dicir e facer o que lle sae dos huevos, como fai Ameixeiras. Outra cousa é que che guste Caneiro ou Anxo Angueira, que vas fino. Ameixeiras igual non escribe para ti, asi que non te ofendas tanto, home. Polo menos non anda dicindo o guai que é o bipartito e non é burlanegrino, que xa é un punto. E poderá gustarche ou non o que fai, pero é máis orixinal que moitas vacas sagradas que o critican por superficial. Eles sin que son brandos.



32
De: t-rex Fecha: 2006-11-25 18:36

os popes da cultura claro que non se atreven a dicir que é mala porque non teñen nin puta idea do mundo que saca ameixeiras na novela. ademais, a novela non merece o aprezo dos rancios, só faltaria. iso querería dicir que ameixeiras está equivocado. o que parece é que os foros de internet estan cheos de faulkneres en potencia, que mala sorte teñen...



33
De: pss Fecha: 2006-11-26 20:04

O de "orixinal" aplicado a Ameixeiras supoño que será unha coña. En fin.



34
De: Ximénez Os Santos Fecha: 2006-11-27 13:58

Viva el grupo PRISA, pss.



35
De: Horacio Fecha: 2006-11-27 19:35

Bueno, de que eu saiba estamos falando dun premio Xerais non dunha obra "autoeditada" así que os meus comentarios non ían precisamente polo lado dos popes nin dos rancios. Tampouco me creo o gardián do bo gusto, sobre gustos non hai nada escrito, pero aquí non se fala de gustar ou non gustar, se fala de calidade e non fai falta ser Faulkner para saber que en Tres segundos de memoria o literario brila pola súa ausencia e non me chegaría este espazo para darlle unha serie de argumentos obxectivos. O mesmo digo sobre o da orixinalidade, como ben apuntou Pss. Se todo o mundo escribira e publicara o que lle sae dos huevos todo o mundo podería ser escritor e creo que estamos de acordo en que as cousas non funcionan así. Para a súa información, son mileurista, así que podo coñecer ben o mundo do que intenta falar Ameixeiras, que, insisto, non ten nada de orixinal e está cheo de topicazos, case tantos como os de Caneiro, para que vexa que tampouco é santo da miña devoción. En fin, que pais, como xa se suspirou por aquí, lean máis e deixen a un lado tanto prexuízo de rancios contra modernos, caneiros contra jaureguízares, etc, etc, etc e e lean coa cabeza non cos afectos ou as relacións persoais. Un bo amigo do autor do que falamos me recoñeceu hai uns días que nunca facía a crítica dos seus libros precisamente porque eran amigos e non podería dicir o que realmente pensa. Só se pide un pouco de obxectividade, gracias.



36
De: Santi Potras Fecha: 2006-11-28 13:43

Horacio, estás moi informado.. Iso de dicr que "un bo amigo do autor" e bla, bla. bla... xa nos fai entender cal é a túa catadura moral. Por non falar de que manexas "argumentos obxectivos" sobre as obras literarias. Iso si que é humorismo. Cantos orixinais che rexeitaron as editoriais galegas, meu corazón? Eu tamén son o teu amigo, sabes?



37
De: Ana Fecha: 2006-11-28 13:54

"Un bo amigo do autor do que falamos me recoñeceu hai uns días que nunca facía a crítica dos seus libros precisamente porque eran amigos e non podería dicir o que realmente pensa".
Horacio: de que vas? Con cantas páxinas porno minimizadas deixas as túas frustracions neste blog?
Ese "que país" que suspiras inclúe a listos coma ti, sabes?



38
De: Freedom for Oregon Fecha: 2006-11-28 14:00

Pois eu son "un bo amigo do autor" e si que podo dicir o que realmente penso. Que Horacio necesita unha vida sexual máis sana.



39
De: Txapote Fecha: 2006-11-28 14:13

A min, un bo amigo do Horacio do que falamos me recoñeceu hai uns días que ten un complexo de inferioridade tremendo, que tampouco o pode dicir porque non é plan. Pero non é mal tío, vamos. Anda na media do galego convencional. Eu creo que Horacio caeríalle moi ben ao Diego.



40
De: pss Fecha: 2006-11-30 01:55

Manque pierda, don Ximénez. Tanto lle gusta?



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley