caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Helmuga: Donostia
> Helmuga: Donostia <

Nunhas horas marcho a terras vascas, un lugar do que é imposíbel volver sen facer amigos. Vou camiño de Donostia, con parada e fonda en Bilbo, para disfrutar por terceiro ano consecutivo do seu festival de cine e contalo cada día aos lectores de Vieiros e este ano tamén, como non, para os ouvintes do Extrarradio dos fins de semana. Na equipaxe, Arthur e George, de Julian Barnes, recén saído do prelo nunha edición de formato grande aínda máis fermosa do que nos teñen acostumado os de Rinoceronte; e as Correspondencias entre Abbas Kiarostami e Víctor Erice, o recordo final dunha magnífica aventura.

Actualización: ademais de Vieiros e o Extrarradio, tamén escoitarán as novidades festivaleiras no Diario Cultural da Radio Galega, todos os días de 15 a 16 horas.

2006-09-19, 17:54 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/43067

Comentarios

1
De: folerpa Fecha: 2006-09-19 19:25

Boa viaxe e boas fitas. Unha aperta



2
De: ghanito Fecha: 2006-09-19 22:10

Boa viaxe, estaremos pendentes.
Pero faga a tarefa e non deixe sen ver películas premiadas. ;)



3
De: jorge Fecha: 2006-09-19 23:00

Boa viaxe e sorte coas películas. Espero que a premiada non o colla "na verza" (je je) e tamén espero que algún día se estiren e te manden a Cannes ou a Venezia. En fin.
PD: Vaia ver algunha película da que o director non teña máis de sete consoantes no apelido.



4
De: dorfun Fecha: 2006-09-20 14:04

...a ver se nos traes cheiro a plástico de película...



5
De: Mifune Fecha: 2006-09-20 23:25

Muy interesante el libro, creo que lo acabaré antes del sábado. ¡Gracias!



6
De: O levantador de minas Fecha: 2006-09-21 02:17

Boa viaxe e bon buffet celuloico!



7
De: Seo Fecha: 2006-09-21 12:22

Muy bueno tu blog. Es mi primera incursion en tu mundo del cine. Muy bien hecho de verdad. Y aunque no te conozca, buen viaje.



8
De: Suso Fecha: 2006-09-21 18:00

Eso significa que te esqueciches da colaboración coa revista, xa que explicabas que de mandarme algo farialo antes de ir a Donosti...outra vez será...e pásao ben nesa fermosa cidade que ben coñezo.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2006-09-22 09:22

Suso, non me esquecín, simplemente adieino uns días. Chega con telo antes de final de mes, non si?



10
De: Colectivo Sacou Fecha: 2006-09-22 12:14

O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.

Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.

www.sacou.blogspot.com

Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.



11
De: Suso Fecha: 2006-09-22 17:02

Miñas desculpas, logo e por suposto que chega telo neste mes. Unha aperta e bon cine e críticas...



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley