caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > 910 blogs
> 910 blogs <

um

Celebrada xa a III Xantanza do Blogmillo, declaramos formalmente abertas as festas do Nadal.

dois

Conclusión principal da xantanza: metabloguear es lo peor.

910

Xa irá dando máis detalles ascárida nos vindeiros días, pero despois do seu exhaustivo e esforzadísimo reconto a cifra de blogs en galego fica provisionalmente nese inesperado e impresionante número.

2005-12-18, 00:34 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/35756

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2005-12-18 00:51

¡Mecachis!



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-18 01:14

E a que máis se achegou foi Estíbaliz Espinosa, que apostou polo cabalístico número de 777. Lembren que o premio previsto para o gañador era un exemplar do libro número e cedido e asinado por ela, algo do que quizá non era totalmente conscente.

Fica expresamente convidada a obsequiarse a si mesma un exemplar do seu poemario.



3
De: Rial Fecha: 2005-12-18 05:51


No blogomillo atopei o blog de Eva Braun, Batidora hormonal. E curioso, retornou despois dun longo periodo de silencio. Sabes que esta muller é a que entrevista os escritores que pasan polo programa de Estravagario na 2 de tve? Mágoa que non publique fotos dos encontros, pero non mostra o lado oculto das entrevistas.



4
De: estibaliz... Fecha: 2005-12-18 10:30

Mmmm. Se non lembro mal, nunca se decidiu se o premio era número e, Cabaret Voltaire en PDF ou esa gran novela que o país necesita, aló polo 2046.

Expreso firmemente, como relativa gañadora, o meu interese nisto último, así que propoño que comece o primeiro capítulo de tan magna obra hoxe mesmo. E doume por premiada, que carai...



5
De: estíbaliz Fecha: 2005-12-18 10:41

É máis: como acabamos de andar en lúas cheas e unha séntese un pouco lobisfemia,vou suxerir algúns títulos para tan magna obra do 2046. Por suposto non definitivos, faltaría máis:

Blog up
A Saga/Fuga de J. Blog
Madeira de Bloj
A noite do cazablog
Número Blogue
Que miras ti?

...Aínda a risco de plaxiar ou homenaxear -como pode e debe dicirse- a outras magnas obras coñecidas no mundo mundismo.

Estou en ascuas.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-18 16:04

Non, non, estíbaliz, a magna obra xa ten autor, o que pasa é que aínda non a acabou.

Rial, o blog de Eva Braun está en español, así que non encaixa exactamente na categoría blogmillo...



7
De: peke Fecha: 2005-12-18 20:11

910!!!!!!



8
De: Calidonia Fecha: 2005-12-19 00:17

Parafraseando ao novo can da miña moza, Mariano, é metafísicamente imposíbel non criticar a arte, falar de viño ou contar os chupitos de licorka que deberon rular o sábado!



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-19 00:18

Uns cantos, uns cantos. E porque nos apagaron as luces, que senón...



10
De: acedre Fecha: 2005-12-19 02:35

910. Que pasada !!!. Ainda son uns poucos mais do que pensaba. Aledome muito e que vaia a mais.



11
De: EMF Fecha: 2005-12-19 11:31

Síntoo... faltou o licorka :-(
Debo ter umha mala tempada.



12
De: ascárida Fecha: 2005-12-20 19:24

ai EMF, mira que esquecerte así de nós :)



13
De: David Fecha: 2006-01-12 11:09

Para todo el que quiera crearse un Blog con todo el Interfaz público en Galego http://galiza.gugara.com es muy facil tan sólo hay que rellenar éste formulario http://galiza.gugara.com/registro/ublog y ya está.

Viva la Blogosfeira



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.74.137 (ab6ac1b4cb)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley