caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Alfredo Ferreiro
> Alfredo Ferreiro <

Hai varios meses que non vexo ao Alfredo Ferreiro. Tantos, que a última vez que o vin a palabra Prestige aínda só me soaba a selo discográfico. Foi nunha noite de alcol, letras e fume, combinación case sempre infalíbel á cal raras veces me resisto. El e a súa dona Tati puxérono todo, e eu ofrecín a cambio o meu apetito e as miñas ganas de escoitar. Saín da súa casa de madrugada e cargado de libros. Nun deles, 7 poetas, editado no ano 95 na Coruña con máis vontade ca medios, aparecen textos de ambos os dous. Por exemplo, a seguinte xoia escrita por Alfredo. Creo que se algún día eu chego a escribir unha soa cousa así de boa, dareime por satisfeito.



VISÃO DO MÉDIUM

Escrever um poema deve ser um dilúvio que agoniza.
Que aperta com violência o coração contra si.
Que sufoca até o limite.
Como a imagem do mar no horizonte.


Nota ao pé: aquela noite do 18 de outubro do 2002 eu tamén levei para casa La Arena Prometida, un soberbio poemario do que é autor Roger Colom. Fáganme caso: apunten ese nome no seu libro de notas.

2003-04-04, 10:29 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/6822

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley