Fraga quere que os galegos nos mobilicemos para esixir a execución nun prazo razoável de todas as obras de infraestruturas prometidas polo governo Aznar e asumidas logo polo governo ZP. E eu encantado, Donmanuel, mire; ben sabe que por min non hai problema e que unha manifestación mais xa non se nota. Ponha data e hora, simplesmente. Iso si: é moi posível que você non goste nada da minha pancarta.
¶
E falando de pancartas, cartaces e desenhos varios, vexan este que preparou o Subcomediante H:
Simpático ou non, iso vai según gostos; a min parécemo, desde logo. O que si é obvio é que é absolutamente inofensivo. Non pensan así os que fan Código Cero, xente que como ven amosa un luminoso senso do humor. Non o tomen tan a mal, home. Descansen un pouquinho, ho, que lhes ha de sentar ben.
Pois si que o tomaron pola tremenda.
Por certo, ¿que hai o día 30 ás 10.30 en Coruña? Pregunto, porque é probable que vaya o día anterior en autobús ou tren.
Pois hai unha sesión preciosa de planetario na Casa das Ciencias á cal eu soio acudir con frecuencia, e que con certeza tamén lhe había de interesar a vostede. Fíxese se será boa que ás veces até vén Akin, e todo...
Non Cesare, non son fuguillas: son realista. Se quero resistir na quedada terei que descansar pola tarde e non me vexo tragando tantos quilómetros dunha sentada. Se cadra indixéstome. Xa falaremos. ;)
(É que teño empeño en ir, carafio, que xa está ben de perderme todas as verbenas).
Estiven unha vez nunha sesión de planetario cos rapaces do instituto. Quedei marabillada, malia que nalgúns momentos adormecín na escuridade. Se me promete que tamén estará Vendell, madrugarei. :)
Pensabamos nós, cándidos, que o tema ía sobre a conquista de Madrid comandada e dirixida polo noso pastor lusitano Manoliño, o de Vilalba, mais, hete aquí, andades a falar-vos de temas secundarios do ensino básico e non vos dades por enterados de que desta vez, en serio: first we take Berlín, then we take Madrid.
.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.