Valente e desenvolta, Ramona Maneiro dixo o que tinha que dicir. Mais elegante que nunca, mais fermosa que nunca, Ramona acudiu onte a un programa de televisión e confesou o que todos xa sabiamos: que foi ela quen lhe achegou a Ramón Sampedro o cianuro co que este puxo fin á súa vida. Sete anos despois da morte de Sampedro neste país non se deu un só paso adiante no tema da eutanasia. Se Ramón Sampedro estivera aínda vivo tería que facer o mesmo que fixo entón para morrer: procurarse un veneno de xeito furtivo e sufrir uns padecementos innecesarios.
E é que as leis, que só deben servir aos homes, parecen ás veces escritas para servir a uns deuses que non existen.
¶
Aquí tenhen a páxina de Informativos Telecinco que fala do asunto. Aí polo menos ponhen ben o nome dela, porque na do programa de Ana Rosa empénhanse en chamala "Ramona Madeira"...
Non estou de acordo en que fose tan acertado confesalo agora xa que como dicías todo o mundo o sabiamos. O de dicilo explicitamente paréceme un certo a fán de protagonismo.
Eu non vin en que termos ou en que actitude o declarou, pero si creo que pode ser unha estratéxia productiva para mudar as leis que alguén se auto-inculpe abertamente dun delicto abrsurdo.
Que o puido facer enviando unha nota de prensa, dacordo, que ás tvs só lle interesa a audiencia, tamén, pero, digánme, qué diferencia hai entre os telexornais e os programas anarrossas?
Como era de agardar, nesta segunda xornada xa se produciu o o bis a bis entre Ramona e a familia Sampedro. Supoño que o venres veremos a disputa en Salsa Rosa. Lamentable.
Eutanasia: 1. Muerte sin sufrimiento físico. 2. Acortamiento voluntario de la vida de quien sufre una enfermedad incurable, para poner fin a sus sufrimientos
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.