caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O xantar
> O xantar <

O xusto sería facer un post explicándolhes o ben que o pasei onte. Debería dicirlhes que no xantar do blogomilho xuntámonos un feixe de amigos, comendo e bebendo e falando durante horas de todo o divino e o humano. Que pasei un bon anaco intentando convencer a dot de que vira o meu filme favorito, ese que lhe mete algo de medo a Dagha. Que demos boa conta dun albarinho colheita do 2004 e do sempre necesario licor café ourensán. Que vimos o guapo que está Opedriño e conhecemos, esta vez si, a un dos pioneiros. Debería falar do fantástico que é reencontrarse con ascárida e con caladinha e estar de cháchara con paleón e dorfun, con lipe e Pepi, con São Tomé e o subcomediante H, con Platdorff e co gran Cesare, e que logo apareceu o snob neurótico e antes del Yabba, que aínda que non bloguea si comenta, moito e ben. Debería contarlhes que eu, que son de moi bon conformar, vou sempre alá onde me levan, e con esas acábame dando a madrugada, con tempo mesmo para descubrir sorprendentes afinidades.

Debería contarlhes todas esas cousas, si, seino, mas hoxe estou canso, moi canso; así que se non lhes parece mal melhor vou tumbarme ao sofá, despois de repasar o que di a prensa e acordarme do que me dixo unha amiga na véspera da Noiteboa.

2005-01-03, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/25008

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley