caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > ene agá (III)
> ene agá (III) <

A inmensa maioría dos cidadáns galegos falan estupendamente en galego, malia que vivan pensando que o seu conhecemento do idioma é moi limitado. Ese é un dos froitos da mezquindade coa que actúan desde hai anos boa parte das autoridades lingüísticas e culturais deste noso país, tan empenhadas na consecución dunha falsa pureza e perfeición que se esqueceron de fomentar a aparición de novos falantes, nun momento no que o (até agora inexistente) apoio ao uso da lingua en eidos novos, como os vencelhados coas novas tecnoloxías, resultaría indispensável para a súa supervivencia. Temos unha lingua aínda por normalizar, e na nosa tradicional condición de galegos laiantes iso podería levarnos a construír unha longa queixa dos males históricos do país, e todas esas cousas; pero eu son de natural optimista, e dou en pensar que esta situación, unha vez asumida, é un verdadeiro privilexio. Ter unha lingua por asentar permítenos partir de cero, en calquera dirección. Calquera transformación, calquera modificación, calquera paso que se dea, pode ser asumido sen grandes problemas, cousa que é máis difícil no caso das linguas perfeitamente normalizadas. Nós estamos a tempo de reformar a norma do galego para dotarnos dun idioma aberto a todo o mundo lusófono, sen barreiras prescindiveis, pero ademais podemos crear unha norma sinxela, con regras simples, partindo do galego que hoxe en día falamos. Non se trata de que imitemos ponto por ponto ao portugués; haberá aspectos nos que a norma galega sería máis sinxela cá portuguesa (para empezar, partimos dunha fonética moito máis simples), e iso creo que non ten nada de malo, antes polo contrario. Podemos facer o que nos pete, e sería razoável que calquera reforma fose precedida dun debate amplo e xeneroso, no que participasen representantes de todos os sectores, os que se adican á investigación lingüística e os que se adican ao seu ensino en todos os niveis, e tamén os creadores literarios, os editores, e nós, os falantes, os que en última instancia facemos o idioma a diario. Todos xuntos, para facer unha lingua viva, unha lingua nosa.

Pero non se preocupen, tal cousa non ha de pasar. Son só desvaríos meus, proprios dunha noite de verán.

ene-agá (II)
ene-agá (I)

2003-07-17, 08:53 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9888

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-17 10:55

Disfruten desta fermosa regra da normativa do galego aínda en vigor, tirada dun texto de ortografía dun livro de 6º de Primaria, é dicir, rapaces de once ou doce anos, para que se fagan unha idea do estado das cousas:

Na conxugación dos verbos rematados en -aer (caer), -oer (moer), -aír (saír), -oír (oír) e -uír (incluír), a diérese sobre o "i" da primeira e segunda persoa do plural dos copretéritos de indicativo indica que este ï, aínda que é átono, non forma ditongo coas vocais anterior e posterior e debe pronunciarse só: caïamos, caïades, moïamos, moïades, saïamos, saïades, oïamos, oïades, incluïamos, incluïades. A diérese e o acento gráfico permiten distinguir na escrita as primeiras e segundas persoas do copretérito de indicativo e do presente de subxuntivo dos verbos citados enriba: caïamos, caïades / caiamos, caiades.

Práctico e simples, verdade?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-17 11:03

Ao paso, agradecería que alguén me explique o motivo de que os galegos sexamos esveltos mentres os portugueses e espanhois son esbeltos; e o de que aquí os livros ponhan prohibir, exhortar, coherente e vehículo, mentres no Sur prescinden con gosto do h: proibir, exortar, coerente e veículo.

E se Omar quere falarnos das pintorescas beirarrúas romanesas, eu ficaría muito satisfeito...



3
De: Akin Fecha: 2003-07-17 21:24

Estou perplexo có comentario 1. E simplemente abraiante que algún neno poida ler iso e aprender algo.

Por iso estou a favor das gramáticas o mais sinxelas posible, no tempo en que un rapaz aprende o significado de ese párrafo mais o tempo de aprender a usalo, podería ter escrito un conto ou ollado un libro.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-18 03:42

Hai varias regras que me son especialmente simpáticas. Outra das minhas favoritas é esta, tomada do mesmo livro citado no comentario 1: as palabras interrogativas e exclamativas non levan acento gráfico nas preguntas e exclamacións directas (¿Quen te chamou? ¡Que calor vai!), pero si o levan nas indirectas: Pregúntoche quén te chamou

A que tamén é útil, esta? A que evita moitas confusións?



5
De: Roger Colom Fecha: 2003-07-18 19:01

Una de las formas que se me ocurren para hacer crecer un idioma sin que los hablantes sean tratados como menores de edad es el teatro. Hace años Quico Cadaval y Xepe Casanova lo intentaron con A boda dos moinantes, donde los actores utilizaban un acento de la zona de Bergantiños (creo); el año pasado, y siguiendo la misma idea, monté La sal de la vida, en la que una mujer cambiaba del valenciano de Canal 9 al valenciano de l'Horta, según con quien estuviera hablando. Claro, esto requiere un trabajo de investigación por parte de los actores y los asesores lingüísticos (Casanova en A boda, y Pep Izquierdo en La sal), pero si no estamos dispuestos a hacer ese trabajo extra, ¿tenemos derecho a quejarnos? Ese trabajo lo hacen los actores de otros países con toda la tranquilidad del mundo. La verdad es que el proceso me resultó de lo más divertido, conociendo el catalán, pero descubriendo los matices del valenciano.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-19 13:10

Moi agradecido de que se pase por aquí, senhor Colom. Aproveito a súa presenza para dicir máis unha vez que gostei moito de La Arena Prometida, livro que me deron a descubrir Alfredo e Tati.
A respeito do que di, o importante, ao final, é que os idiomas non son algo ríxido e inmutável, senon unha cousa viva, en constante cambio. Iso non parece ser asimilado por moita xente, e menos por aquí. Pero, vaia, visto o entusiasmo xeral que parece terse producido arredor das mínimas modificacións ortográficas, o melhor será que non me fagan demasiado caso...



7
De: Un que passava Fecha: 2003-07-19 20:50

En catalán también es con v. Parece ser que gallegos y catalanes somos más puristas y respetuosos con el origen de la palabra...: del italiano svelto, alto y delgado.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-19 23:24

Si, xa sabía que en italiano é svelto; de feito, postos a ser puristas, poderiamos ponhelo así, sen o e inicial. Eu, curiosamente, considero máis útil adoptar a forma portuguesa, aínda que só sexa porque se trate en esencia da mesma lingua na que eu escribo...



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley