caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > ¿normativa de sen-senso?
> ¿normativa de sen-senso? <

Hoxe xúntanse os académicos da lingua da Galiza para tomar dúas decisións moi importantes: unha, adicarlhe o Día das Letras Galegas do 2004 a un ilustre defuntinho, como Xaquín Lorenzo, por exemplo; a outra, aprobar unha nova normativa de ¿consenso? despois dun primeiro intento hai xa un par de anos. A norma proposta daquela ía máis ou menos nesta linha, pero ao final non saeu adiante pola animosa oposición dalgúns dos membros (e m-embras) da celestial institución. Xa veremos en que consiste o texto agora acordado, pero intúo que case nada cambiará para que todo fique igual.

É dicir, que postos a suicidar un idioma, optaremos pola hixiene da inxección letal.


Nota ao pé: non se esquezan hoxe de felicitar a Ender, que está de aniversario

2003-07-12, 10:31 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9759

Comentarios

1
De: Un que passava Fecha: 2003-07-12 18:30

Es un fenómeno que afecta a todas las academias de la lengua, llámense RAE, Institut d'Estudis Catalans o como se llame. El problema del anquilosamiento de las academias es que son el único instrumento de normalización de las lenguas "minoritarias" que tienen que competir con las grandes lenguas estatales. Y si no tienen suficiente agilidad para tomar decisiones, pueden acabar afectando negativamente. Esperemos que no se tenga que llegar a la medida higiénica que propones.



2
De: Israel Barros Fecha: 2003-07-13 21:48

Por que voce escreve tudo com X?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-14 07:12

Con que quere que escriba? Con "j"? Por algunha razón, en particular?



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-14 10:43

Creo que xa entendín a súa pregunta, Israel. Como você quizá saiba, o que hoxe chamamos galego e portugués foron nun tempo unha mesma lingua; aínda hoxe a lingua falada na Galiza é en esencia a mesma que você fala e escribe, con algunhas diferencias ortográficas e fonéticas froito dos varios séculos de separación entre as dúas variedades lingüísitcas. No galego actual escribimos con "x" o que no portugués denotan con "j", como en "hoxe", equivalente ao seu "hoje".
De todos xeitos debo advertirlhe que este blog non segue con demasiada atención a actual normativa oficial do galego, nin a de antes, nin a que se aprobou o sábado 12 de xulho. Afástome lixeiramente da norma oficial, non demasiado, en verdade, pero suponho que si o suficiente como para que algunha xente puidera sentirse horrorizada. Porén, tenho a estranha sensación de que hai bastantes leitores a unha beira ou outra das augas grandes que parecen entenderme sen problema, e mesmo intúo que até hai quen gosta do que eu escribo, así que ao melhor non estou totalmente equivocado...

Por certo, o blog de Israel Barros é este



5
De: Thief Fecha: 2003-07-15 08:54

Desculpe, Martin Pawley, pero non acabo de entender... Vostede escribe sen atender á norma (a calquera norma). A min paréceme fenomenal, sobre todo porque o entendo moi ben ( a vostede e mais aos seus motivos). Pero daquela ¿que máis lle dá por onde a norma vai ou vén?



6
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-15 09:20

Pois porque unha cousa é o que faga un individuo calquera coma min e outra ben diferente o que pode ser máis axeitado para o futuro dunha lingua. Eu vou seguir escribindo neste blog como me pete, ceibe de ataduras, soltando aquí os meus pensamentos e as minhas vaidades, pero a realidade é que a normativa que escolhe a RAG é a que vai ser estudiada nos libros de texto e aprendida polos rapaces; a que vai ser empregada na inmensa maioría das publicacións que se editan na Galiza e en todos os medios de comunicación. Esta reforma e calquera outra perpetrada por estas xentes incidirá na mesma linha de sempre, consistente en vivir de costas ao mundo lusófono. Aquí a xente parece moi satisfeita con tres livros galegos ¿traducidos? ao portugués cada ano, e con algún livro de Paulo Coelho editado en Xerais. Somos dous milhóns de falantes ignorando aos outros douscentos milhóns, e eles a nós.

E logo sae o Xosé Ramón Barreiro nos periódicos negando que esta nova normativa suponha achegamento algún ao portugués. Como se iso fose malo. E a onde se vai achegar logo, ao swahili?

Este país ás veces resulta verdadeiramente pequeno.



7
De: Thief Fecha: 2003-07-15 09:28

Daquela, se a norma vai ser a "estudiada", coincidirá comigo en que, por pequeno que sexa, este acordo debería ser considerado un avance. Ás veces corremos o risco de valorar as cousas só en función dunha única variable. O estándar non vai quedar como moitos quixeran, pero semella que algo empeza a moverse e non parece que o sentido do movemento sexa cara atrás. ¿Coincidimos niso?



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-15 09:44

A nova normativa ten cousas boas, como a simplificación na formación do feminino, por exemplo. Desde logo que as cousas non van para atrás, e mesmo estou disposto a asumir que se moven algo para adiante; pero lamento que esteamos perdendo a ocasión magnífica de ter creado un debate serio, amplo e xeneroso sobre a lingua. Que o galego sexa un idioma sen normalizar ten unha única cousa boa: que nos permite partir de cero en calquera dirección. Por que non arrancarnos a un debate no que todos (especialmente nós, os falantes) poidamos contribuir na creación dunha norma útil, o máis sinxela posível, que rache coas súas innecesarias fronteiras, que cree falantes sen complexos...?



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley