Quero pensar que a fascinación que sinto polas persoas siamesas vai alén da natural curiosidade morbosa. As súas vidas constitúen un exemplo de tolerancia e respeito polo outro, nun pacto permanente definido polas renuncias e os sacrificios. Como xa saben, as siamesas iranianas Ladan e Laleh non puideron sobrevivir á complexa separación dos seus corpos. Vimos moitas veces estes días os seus rostros sorrintes e esperanzados, asistindo a aulas universitarias de dereito ou correteando con inocencia para situarse diante do obxectivo dunha cámara. Son imaxes que me transmiten unha insólita sensación de serenidade, cun pouso inevitábel de tenrura. A mesma tenrura que sentín onte ao ler na prensa unhas declaracións súas nas que expresaban o desexo de poder mirarse aos ollos sen necesidade de empregar un espello.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.