A nena chora coa fame en noites pegañentas de verán. A nai descolga o corpo da cama cara ó seirón e calma os seus salaios con aloumiños. Logo ponse en pé para darlle de mamar. Ao erguerse sente como se lle escapan pingas do seu leite polo corpo abaixo, mollando o camisón, caendo no poeirento chan de madeira cun escintileo de estrelas, prateadas pola lúa. Mollada en suor e leite a un tempo.
¶
A nai déitase de novo, desfeita pola dor e o agotamento. Os días resultan extremadamente longos cando se ten tan pouco. Pecha os olhos con forza para non sentir a soedade. Dorme unha noite máis preguntándose cando os seus poderán cruzar o mar.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.