caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cinema no Fórum: Outros horizontes
> Cinema no Fórum: Outros horizontes <

Outros horizontes

Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés alá por 1951, cando Rashomon de Akira Kurosawa obtivo o León de Ouro no Festival de Venecia. Cineastas daquel país que hoxe temos por imprescindíbeis coma Kenji Mizoguchi, Yasujiro Ozu ou Mikio Naruse empezaron a ser coñecidos en Europa no treito final das súas carreiras, e só despois da súa morte (nalgún caso moito tempo despois) foi posíbel acceder á maior parte das súas películas. Tampouco se sabía gran cousa do cinema indio até mediados dos cincuenta, cando Satyajit Ray deixou o mundo abraiado coa súa excepcional Triloxía de Apu. A cinediversidade non parou de medrar ao longo do século XX, e a maneira de exemplos recentes temos o desembarco de Irán nos festivais dos oitenta, con Abbas Kiarostami coma figura destacada, ou o do cinema chinés, primeiro con Zhang Yimou ou Chen Kaige, directores da chamada "quinta xeración", e agora con Jia Zhang-ke ou Wang Bing. Os espectadores sen prexuízos, e de xeito singular os máis novos, achéganse con naturalidade a cinematografías até hai uns poucos anos completamente ausentes no mercado español, e os máis curiosos enxergan a súa ollada cara a destinos inesperados (Filipinas, Malasia, Exipto) e interésanse polos primeiros e potentes froitos de países con escasa ou nula tradición, coma Paraguay ou Guatemala.

En outubro, o Forum Metropolitano explora outros horizontes para ofrecer o tratamento que as irmás Makhmalbaf, Samira e Hana, dan sobre a realidade cruel de Afganistán, que ninguén debería ignorar. Vibraremos coa potencia do coreano Park Chan-wook grazas á terceira entrega da súa "triloxía da vinganza", e deixarémonos seducir polo enigmático e fascinante traballo do tailandés Apichatpong Weerasethakul, un dos nomes de referencia do noso tempo. Para rematar, a derradeira obra mestra do patriarca do cinema africano, Ousmane Sembène, xenial director e escritor cuxa novela O xiro postal foi editada hai uns meses en lingua galega.

Sala Marilyn Monroe. Outubro de 2008

2, 3 e 4: Buda az sharm foru rikht (Buda estourou por vergoña), de Hana Makhmalbaf. Irán, 2007 - 1 h 20 min - V.O.S. en castelán.

9, 10 e 11: Simpatía por Lady Vinganza, de Park Chan-wook. República de Corea, 2005 - 1 h 52 min- V.O.S. en castelán.

16, 17 e 18: Panj é asr (Ás 5 da tarde), de Samira Makhmalbaf. Irán, 2003 - 1 h 49 min - V.O.S. en castelán.

23, 24 e 25: Sud pralad (Tropical Malady), de Apichatpong Weerasethakul. Tailandia, 2004 - 1 h 59 min - V.O.S. en castelán.

30, 31 e 1 de novembro: Moolaade, de Ousmane Sembene. Con Fatoumata Coulibaly. Senegal, 2005 - 2 h 9 min - V.O.S. en castelán.

2008-10-02, 11:13 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59779

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley