caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cinema no Fórum: Estreas en V.O.
> Cinema no Fórum: Estreas en V.O. <

Grazas en boa parte ás posibilidades de información e comunicación que ofrece Internet, hoxe temos acceso a unha cantidade de filmes inimaxinábel hai uns anos. Podemos estar ao día do que se está facendo e exhibindo en todo o mundo, tanto en salas comerciais como na vizosa rede alternativa de filmotecas e festivais. Cineastas que hai pouco ficaban condenados á invisibilidade absoluta circulan agora de boca en boca entre os afeccionados, que nos pasamos pistas os uns aos outros sobre as obras máis interesantes que aparecen aquí e acolá. A existencia dunha cinefilia activa e atenta permite que a industria acabe por sentir interese polos produtos menos comerciais, asumindo que aí hai tamén un valioso nicho de mercado. Películas como Natureza morta de Jia Zhang-ke ou O silencio antes de Bach de Pere Portabella, proxectadas só nos circuitos de versión orixinal, acumulan en España máis espectadores que o último e belicoso traballo de Brian de Palma, Redacted; e nas tendas podemos adquirir packs de DVDs que recollen as longametraxes do portugués Pedro CostaJean-Luc Godard, a do Grupo Dziga Vertov. Levados polo optimismo, case damos en pensar que se chegan ás salas películas tan pouco compracentes como Tropical malady ou A hamaca paraguaia, é que até as cousas máis insólitas poden acabar acontecendo.

Quizá así sexa, mais para algunhas aínda deberemos agardar un tempo. O número de filmes que seguen en listaxe de espera medra e medra sen cesar, e non falamos daqueles cineastas cuxa esixente obra se sitúa claramente á marxe do sistema, caso de James Benning ou Jean Marie Straub, senón de favoritos da crítica como Bela Tarr, Arnaud Desplechin, David Gordon Green, Hong Sang-Soo ou Lisandro Alonso; dos últimos traballos de autores respectados como Hou Hsiao-Hsien e Wong Kar-wai, e mesmo de directores perfectamente integrados na industria americana como Francis Ford Coppola, Gus van Sant, William Friedkin ou Todd Haynes. Recuperar e estrear películas inéditas nas pantallas coruñesas é un dos obxectivos principais do Fórum Metropolitano, e así sucede en setembro na Sala Marilyn Monroe, co máis recente filme de Aleksandr Sokurov como prato forte.



Sala Marilyn Monroe: programación de setembro de 2008
Fórum Metropolitano, r/ Río de Monelos, s/n, 15006 A Coruña

4, 5 e 6 de setembro: Visítanos a banda, de Eran Kolirin (Francia, 2007). Con Sasson Gabai e Saleh Bakri. 1h25min. VOSE.

11, 12 e 13 de setembro: Seraphim Falls, de David Von Ancken (EEUU, 2006). Con Pierce Brosnan e Liam Neeson. 1h50min. VOSE.

18, 19 e 20 de setembro: Aleksandra, de Aleksandr Sokurov (Rusia-Francia, 2007). Con Galina Visnevskaya. 1h32min. VOSE.

26 e 27 de setembro: Cashback, de Sean Ellis (Reino Unido, 2006). Con Emilia Fox e Shaun Evans. 1h40min. VOSE.

Horarios: xoves ás 20.15, venres ás 20.15 e 22.45, e sábado ás 17.15 e 20.15.

2008-09-01, 00:20 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59188

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley