caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Sidney Pollack (1934-2008)
> Sidney Pollack (1934-2008) <



Fixo películas estupendas aplaudidas pola crítica e o público. Morreu Sidney Pollack, o de Out of Africa e Tootsie; fica como derradeiro traballo seu un correcto documental sobre un amigo, o arquitecto que creou o Guggenheim, Sketches of Frank Gehry. A súa carreira cinematográfica, non tan longa como a primeira vista poderiamos pensar, contén un clásico do thriller setenteiro (Yakuza), unha dura parábola da condición humana disfrazada de maratón de baile (They shoot horses, don't they?) e un drama romántico con mensaxe (The way we were). Proporcionoulle a Paul Newman un magnífico papel nunha altura na que o mito estaba xa máis dedicado a vender mollos e facer obras benéficas que á interpretación; mais se hai un actor estreitamente vencellado a Sidney Pollack, ese é sen dúbida outro grande, Robert Redford. Con el fixo ademais das xa citadas Memorias de África e Tal como eramos unha alfaia do cinema político, Three Days of Condor, e dous westerns de beleza crepuscular, Jeremiah Johnson e The Electric Horseman, filmes de absoluta vixencia cuxa pegada é aínda hoxe ben recoñecíbel.



para saber máis: o obituario do New York Times.

2008-05-27, 03:30 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57634

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley