As imaxes máis repetidas nesta edición do Indielisboa foron os comerciais de
Meo, o servizo integrado de teléfono, televisión e Internet de
Portugal Telecom. Os anuncios están protagonizados por Tiago Dores, Miguel Góis, Ricardo de Araújo Pereira e Zé Diogo Quintela, os catro membros do grupo humorístico
Gato Fedorento, moi populares no país irmán grazas aos seus programas na
SIC Radical e na
RTP. Na orixe de todo isto houbo
un blog, un dos primeiros en lingua portuguesa de que tiven noticia, cuxo nome facía referencia á canción
Smelly cat que cantaba na serie
Friends o
personaxe interpretado por Lisa Kudrow. Non seguín apenas o seu labor televisivo, mais agora que temos Youtube é un bo momento para revisar o seu humor politicamente incorrecto, do que non se libra nin o primeiro ministro
José Sócrates.
Moi razoábeis os seus consellos para aqueles que desexen dedicarse á política:
Fronte o tópico do futebolista de capacidade expresiva moi limitada, o entrenador do Braga Manuel Machadês fala
português a mais:
O Gato Fedorento súmase ao debate sobre a localización do futuro novo aeroporto de Lisboa. A solución:
Bragança.
No especial de fin de ano
Diz que é uma espécie de Réveillon aprendéronos a facer unha boa entrevista en apenas oito leccións:
Esa foi a súa última participación na RTP: Gato Fedorento volve no mes de outubro á SIC cun programa do que aínda non se coñecen detalles. Os fans -entre eles o irmán de
xabre- poden entreter a espera visitando a web
Vídeos fedorentos, que recolle unha morea de clipes do grupo.
¶