Pretty woman fixo famosa a Julia Roberts e recolocou no mercado a un Richard Gere que naquela altura xa ía camiño de se convertir nunha ex-estrela. Recadou catrocentos sesenta e tres millóns de dólares en todo o mundo, unha cifra certamente fabulosa, aínda que algo inferior ao que levou ese ano outro pastelón bastante máis insufríbel,
Ghost. En España lévase emitido por televisión unha ducia de veces, e en todos os seus pases foi sempre a emisión máis vista. Onte mesmo a película de Garry Marshall permitiu que TVE fose líder de audiencia, cunha
media de catro millóns de espectadores e dous millóns máis no "minuto de ouro".
Certo que
Pretty woman é un filme feito para gustar, un conto agradábel resolto coa eficacia típica da industria ianqui, mais a súa imbatibilidade televisiva ao longo dos anos fica alén de toda explicación. Para TVE é un chollo, desde logo, así que poden estar ben seguros de que pola primavera de 2009 volverán pasar a película no prime time dun martes ou un mércores, algunha noite na que poidan coller á competencia despistada.
¶