caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Charlton Heston (1924-2008)
> Charlton Heston (1924-2008) <



Soylent Green foi a derradeira película do lendario Edward G. Robinson: para daquela estaba case completamente xordo, e todas as súas escenas houberon de ser repetidas varias veces até que acadase o ritmo axeitado para os diálogos, o que terían se realmente fose quen de entender o que lle dicían. Padecía un cancro terminal; contan que só Charlton Heston estaba ao tanto da súa fráxil saúde, e que as súas bágoas na escena da morte de Robinson foron reais, e non esixencia do guión.

Onte morreu Moisés, Ben-Hur e O Cid. Morreu Charlton Heston, o rostro máis recoñecíbel da noxenta asociación nacional do rifle, pero tamén o home que traballou con Orson Welles e Sam Peckimpah, e o que tivo a audacia de protagonizar Planet of the apes. Foi extremadamente popular, en particular en España, onde rodou bastantes filmes. O que quizá sexa menos coñecido é que un dos seus traballos, The War Lord, tivo unha inesperada importancia na lírica española de vangarda: Juan Eduardo Cirlot acabou por compoñer todo un ciclo poético inspirado polo filme, aínda que para ser sincero o que realmente deixou pegada en Cirlot non foi Heston, senón o personaxe de Bronwyn que encarnaba Rosemary Forsyth.

2008-04-06, 12:36 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56672

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley