caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Atonement (Expiación)
> Atonement (Expiación) <

O gran filme british da tempada chega hoxe ás salas comerciais. Atonement (Expiación) abriu o último festival de Venecia convertindo ao seu director, Joe Wright, no máis novo en inaugurar o decano dos certames de cinema. Méritos non lle faltan, desde logo, e non me refiro só a ese vestido verde que se convertirá nunha das imaxes icónicas de 2008. Atonement fala de mentiras que poden arruinar vidas, da absoluta maldade que nace da aparente inocencia dunha adolescente namorada e da necesidade de botar as culpas fóra, expialas aínda que sexa a través da imaxinación literaria. Un comezo desconcertante e austero na mansión inglesa na que se desata a traxedia (con escenas que se repiten para seren amosadas desde outro punto de vista) dá paso logo a un relato de ambientación bélica bastante máis aparatoso, talvez excesivo, pero no que se agradecen exercicios de virtuosismo coma este:



A abrupta aparición final de Vanessa Redgrave pecha e dá sentido a una historia elegantemente conducida polo guionista Christopher Hampton e o director Joe Wright, que adaptan parece que fielmente a novela de Ian McEwan. No reparto sobresaen, ademais da espléndida parella protagonista, Keira Knightley e James McAvoy, as dúas actrices que encarnan a Briony Tallis na xuventude, Saoirse Ronan e Romola Garai.

2008-01-11, 13:30 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/54726

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley