En novembro do 2003
faleilles dos tres veciños do bairro compostelán de O Eixo que foran condenados a sete anos de prisión por agredir a un policía nacional durante unha manifestación. Os acusados recorreron sen éxito a decisión xudicial, e finalmente optaron por solicitar o seu indulto. A decisión do Consello de Ministros chegoulles hai apenas unhas semanas, aínda que se produciu na altura do mes de abril, antes
das eleccións locais, e foi
infelizmente negativa, de maneira que
os tres veciños, Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montorio, deben
ingresar en prisión.
Non é xa momento de cuestionar a decisión dos tribunais, á marxe de que cada un teña a súa lexítima opinión sobre o tema, pero si estamos a tempo de preguntarnos as razóns polas cales o
goberno Zapatero considera que non son merecedores do seu perdón un fontaneiro, un libreiro e un chófer en nómina da Xunta, persoas todas elas perfectamente integradas na sociedade, sen antecedentes penais e no caso de Jesús con fillos ao seu cargo. Os veciños da Asociación Domingo Cepeda de O Eixo están novamente recollendo sinaturas en apoio dos seus compañeiros;
neste enderezo teñen un documento-modelo por se queren colaborar (prégolles difusión da causa). Temos de prazo até o mércores 10 de outubro. As sinaturas deben ser enviadas ou entregadas no local da asociación:
Asociación de Veciños Domingo Cepeda
Lugar de Bornais, s/n
Santiago de Compostela
para saber máis: "O Goberno indultou a catro policías condenados por torturas mentres mantén a condena aos veciños de O Eixo",
post no blog
Movemento polos dereitos civís. Anteriormente, nese mesmo blog:
O MPDC pide que se investigue a responsabilidade dos feitos acontecidos en O Eixo (
28/10/2003),
Houbo varias irregularidades na condena a varios veciños do Eixo (11/02/2004),
Indulto para os veciños do Eixo (12/06/2006).
¶