caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Festival de Donostia 2007: xoves, 20 de setembro
> Festival de Donostia 2007: xoves, 20 de setembro <



As grandes expectativas depositadas no filme inaugural da edición número 55 do Festival de Donostia ficaron finalmente un chisco diluídas. Eastern promises de David Cronemberg é un produto correcto pero moi previsíbel, tan simple coma o funcionamento dunha pandeireta. O mesmo, pero multiplicado por mil, pode dicirse das Mataharis de Iciar Bollain, unha película con mulleres detectives que repara sobre todo nas súas relacións familiares e afectivas, coas doses habituais de progresía comme il faut. Máis que unha obra de cinema parece o episodio piloto dunha serie de televisión; o mellor, a galega María Vázquez, pero tampouco é como para que lle dean unha Cuncha.

Da película brasileira A vía láctea, presente en Horizontes latinos, escapei ao cabo de tres cuartos de hora. Foi un erro: debera ter tomado esa decisión polo menos corenta e catro minutos antes. Aproveitei o tempo gañado para pasar polo Hotel María Cristina, ese tan glamuroso, cousa que non fixera nas tres edicións precedentes. Había cóctel de inauguración, con viño e cava a esgalla para satisfacer os ánimos e as gorxas das fieras que alí estabamos. Son perto das tres cando pillo a cama: a última cousa que lembro ter feito antes de durmir é programar o despertador para as oito.

2007-09-21, 16:43 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52324

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley