caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Jane Wyman (1917-2007)
> Jane Wyman (1917-2007) <

Andaba perto dos setenta cando se reinventou como grande estrela televisiva ao protagonizar unha soap opera que marcou época, Falcon Crest, un retiro dourado para antigas estrelas nun momento no que a aparición nunha serie de xente como Lana Turner ou Dana Andrews aínda se consideraba valiosa. No papel de matriarca dunha familia californiana millonaria grazas aos viñedos Jane Wyman provocou a nivel mundial encendidos odios e adhesións, seguramente máis destes últimos, pois a fin de contas as malas con glamour, mozas ou anciás, sempre nos inspiraron moita simpatía. O de Angela Channing será con certeza o nome que máis se repita nas súas necrolóxicas; ese, e o de Ronald Reagan. Na miña memoria Jane Wyman ficará asociada a outros filmes: a Johnny Belinda, o dramón no que facía de xordomunda que lle proporcionou un Oscar; a The lost weekend, de Billy Wilder, acompañando a un alcoolizado Ray Milland; á biografía de Cole Porter protagonizada por Cary Grant, Night and day, ou aos seus traballos con Alfred Hitchcock e Douglas Sirk, sen esquecer a deliciosa parella que formou con Bing Crosby nun dos títulos menos coñecidos de Frank Capra, Here comes the groom, onde cantaban esta peza de Hoagy Carmichael e Johnny Mercer que acabou convertíndose nun standard, In the cool cool cool of the evening:



dos arquivos estranhos: Están vivos! (v2.0)

2007-09-11, 00:54 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52071

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley