Sei que
noutros portos hai xente moi partidaria da
Caótica Ana de Julio Médem, pero eu debo dicir que había tempo, moito tempo, que non saía tan amolado dun cine; levo visto cousas peores, por suposto, pero non recordo ningún outro filme que me producise a mesma sensación de indignidade (nin sequera
Hotel Tívoli). O alucinante é que xa desde a primeira e absurda escena cos paxarracos tiña a certeza de que a cousa non podía ir ben, pero
Julio Médem foi capaz de superarse e conseguir que cada minuto me parecese peor que o anterior, até chegar a ese
escatolóxico 69 que lle provocou ao amigo
José Luis Losa unha risa liberadora. O reparto está á altura (ou á baixura) dos resultados, empezando pola protagonista,
Manuela Vellés, facendo de artista hippie e naif como saída de
"Los mundos de Yupi", e proseguindo por
Charlotte Rampling (perdidiña de todo),
Bebe (quero ser chica Almodóvar), o
hipnotizador, o
amante saharaui, e o
homiño este que fai performances despelotado e que leva varias décadas encarnando a adolescentes en series de televisión. Unha verdadeira
cagada, neste caso tamén en sentido literal.
¶