caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Memorias de Matsuko
> Memorias de Matsuko <



Unha vida tráxica narrada en forma de comedia pola que asoman de cando en cando diversos números musicais, tan bizarros e coloristas como poidan imaxinar: iso é o que nos ofrece Memorias de Matsuko, filme de Tetsuya Nakashima candidato a convertirse nunha das fricadas de culto da tempada. O mellor é a actriz protagonista, Miki Nakatani, que encarna á Matsuko do título na súa permanente busca de amor e en ben variados rexistros: mestra, prostituta, asasina e finalmente muller madura medio tola, abandonada por todos e obsesionada por un absurdo grupo xuvenil. Unha agradábel fábula envenenada que sería bastante mellor se non se empeñase permanentemente en chamar a atención.

2007-03-26, 15:07 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/48240

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley