caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > David Martínez (2)
> David Martínez (2) <

"David Martínez, hasta ahora director de Voz Audiovisual, deja el puesto para desempeñar otros cometidos profesionales". Desta maneira tan austera e imprecisa daban onte na Voz de Galicia a nova que lles comentaba onte do nomeamento deste avogado galego como director de ficción de TVE. Hoxe a información mellora un chisquiño, pero segue sorprendendo polo alto grao de contención; son máis xenerosos, de feito, "na competencia". Era de agardar un maior entusiasmo, pois que o escollan a el para ese cargo directivo non deixa de ser un recoñecemento implícito á súa xestión en Voz Audiovisual.

Que sexa David Martínez o que estea ao mando do maior xerador de contidos de ficción que hai en España é un fito que ha de ser necesariamente positivo para o audiovisual do noso país, e quen non sexa capaz de facer esa lectura é que está aínda máis cego do que pensaba. Obviamente, non se trata de que David vaia tirar con desmedido e irresponsábel descaro a favor daqueles que coñece e cos que xa traballou, cousa que nin pode nin debe nin vai facer; senón que el non actuará "á contra", de xeito que nunca máis un proxecto solvente con denominación de orixe galega e unha chea de informes técnicos ao seu favor sexa desbotado por decisións caprichosas e unipersoais de xente que non ve máis alá dos seus fuciños centralistas e acaba preferindo bodrios como Con dos tacones. Series como Libro de familia ou A vida por diante, por citar dous exemplos ben diferentes, fanse cun orzamento de arredor de cen mil euros por episodio. Calquera produción emitida en prime time nunha cadena de ámbito estatal multiplica por cinco ou seis esas cifras, e os seus resultados non son precisamente máis valiosos. Calquera paso que poida dar rachando certas inercias que favorecen sistematicamente aos mesmos nomes e que permita un salto adiante -por pequeno que sexa- das produtoras da periferia será importante e saudábel. Non por caridade, nin por cota, senón por valía, porque o poden facer tan ben ou mellor que as outras.

2007-02-16, 11:59 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/47218

Comentarios

1
De: Roque Balboa Fecha: 2007-02-17 20:14

Unha cousa é o que queira facer e outra o que lle deixen facer.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley