caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Adeus a Colón
> Adeus a Colón <

Na novela Os libros arden mal dise dun dos personaxes que traballara ocasionalmente carrexando libros para a librería coruñesa La Fe. O establecemento, de dimensións que agora nos parecen colosais, abriu as súas portas en 1927 e sete anos despois, o 1 de febreiro de 1935, foi traspasado á Sociedade General Española de Librerías, que segue sendo, aínda que por poucas horas, a dona do negocio. Despois da compra a libraría pasou a ser coñecida como Colón, e con ese nome entrou a formar parte do patrimonio vital de varias xeracións de coruñeses, entre as cales me inclúo.

A libraría Colón pecha hoxe definitivamente. E non porque as cousas lles vaian mal, por suposto que non; pecha porque o edificio no que se atopa está declarado en ruina por sentencia firme a petición dos seus propietarios, a Fundación Irmáns Tenreiro, que queren construír nese solar: non facendo nada por evitar a ruina atoparon unha boa escusa coa cal xustificar logo a súa cobiza. É algo que aquí na Coruña xa vimos moitas veces. Perto do CGAI, un bar emblemático, A Nova Pataca, disque vai desaparecer en breve por razóns equivalentes. Baixo a ditadura do ladrillo, a memoria sentimental dos cidadáns acaba escribíndose sempre en presente histórico.

Mañá, outro 1 de febreiro, é o día do adeus á libraría Colón; un adeus que pretende ser festivo. Begoña, unha das empregadas, vai abrir libraría nun local da rúa dos Olmos, así que polo menos parte do espírito quedará vivo. A mágoa é que unha vez máis teñamos que conformarnos só co espírito.

2007-01-31, 12:59 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/46744

Comentarios

1
De: Nel del Panel Fecha: 2007-01-31 13:25

O Alfaiate do Campo da Leña pechou istes días por razós semellantes. Co Patachim pasará o mesmo nuns meses...



2
De: Martin Pawley Fecha: 2007-01-31 13:53

Certo que si, aínda que polo menos temos o consolo de que os donos do Alfaiate e o Patachim abriron locais equivalentes nas proximidades dos bares orixinais.

Non quero nin pensar nas cifras de vertixe que deben moverse arredor da "reurbanización", que é como lle chaman agora, desa parte do Campo da Leña...



3
De: Edu Fecha: 2007-02-02 16:11

O outro día estiven na Nova e asinei (simbólicamente, supoño) contra o derribo. A capacidade predadora dos constructores é cada vez máis palpable.



4
De: jorge Fecha: 2007-02-06 13:39

Bueno, non é que este sexa un blog de actualidade pero despedirse de Colón 501 anos despois de morrer soa un pouco despistado.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley