caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Y mañana tendremos más
> Y mañana tendremos más <

Chega este venres aos cines a película de Stephen Frears The Queen, que marchou do Festival de Venecia cun premio ao mellor guión e outro que recoñece o traballo da súa protagonista, a case sempre excelente Helen Mirren. A encargada de prensa da distribuidora fainos chegar vía Image.net a seguinte información:

"Mañana miércoles 8 de noviembre a las 22:00h en el Cine Capitol [de Madrid] tendrá lugar el pre-estreno de la película "THE QUEEN" del director STEPHEN FREARS"

Até aquí, nada que obxectar. O curioso vén despois:

"Han confirmado asistencia CAYETANA FITZ JAMES STUART, EUGENIA MARTINEZ DE IRUJO, GENOVEVA CASANOVA, AGUSTIN ALMODOVAR, CARMEN MAURA, CARMEN CAFARELL, AMPARO LARRAÑAGA, BORIS IZAGUIRRE, NIEVES HERRERO, MIGUEL ANGEL ARENAS KAPI, ROSARIO MOHEDANO, LUCIA HOYOS, FELE MARTINEZ, MIGUEL ANGEL SILVESTRE, MONICA HOYOS, FELIX GOMEZ, FRAN MURCIA, ELOY AZORIN, NEUS ASENSI, NATALIE POZA, EL GATO, CONCHA CUETOS, CRISTINA PIAGET, ANA TURPIN, ARMANDO DEL RIO, DANIEL FREIRE, FELIX SABROSO, DUNIA AYASO, EDUARDO CASANOVA, EDUARDO CAMPOY, IVAN SANCHEZ y ELIA GALERA, JORDI GONZALEZ, PEPON NIETO, JORGE JAVIER VAZQUEZ, GELETE NIETO, DENISE MORENO, MARIA ASQUERINO, MARIA BARRANCO, LUCIA RIAÑO, JUAN GARCIA MR 06, YOLANDA JIMENEZ, MANUEL GOMEZ PEREIRA, LUCIA ETXEBARRIA, LORENZO CAPRILE, JAVIER PEREIRA, JORDI CRUZ, MANUEL TALLAFE, MIGUEL PALACIO, MODESTO LOMBA, NANCHO NOVO, OUKA LELE, ISABEL SERRANO, VICTOR SANDOVAL, SILVIA PANTOJA, PILAR de las KETCHUP, SOLEDAD MALLOL y mañana tendremos más"

Unha estimulante lista de convidados, certo que si: daba algo por velos a todos asistindo a un pase-sorpresa de Tropical malady

Díxenlles xa o moito que me apetece ir uns días ao Festival de Xixón?

2006-11-08, 03:00 | 14 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/44401

Comentarios

1
De: ghanito Fecha: 2006-11-08 07:12

Xa entendo o que lle parece mal. Non está o seu nome, logo non o convidaron ó 'sarao' e por eso esta encabuxado.
No panorama xornalistico-televisivo que 'desfrutamos' non sei como nos abraiamos de que se lle dea importancia a estas cousas.
E si, eu tamén pagaba por verlles a cara nunha proxección de Tropical Malady (como dirían os de Master Card: Non ten prezo).



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-08 11:42

O curioso non é tanto que conviden a famosos a unha pre-estrea, cousa habitual, senón que o destaquen antecipadamente como elemento informativo destacado, confirmando a súa asistencia aos medios un día antes. A fin de contas, Stephen Frears é un home cunha traxectoria recoñecíbel detrás, e este filme leva recibido críticas moi positivas destacando sobre todo a interpretación de Helen Mirren. Podo entender que a familia real británica inspire moito interese popular e que a distribuidora pense que vai facer moita caixa; o que non sei é se iso xustifica logo un tratamento aquí hay tomate da pre-estrea. Que está vendendo "Vértigo", un filme ou a duquesa de Alba?

Por certo, cantos nomes da lista lles resultan completamente descoñecidos?



3
De: Nostálxico perdido Fecha: 2006-11-08 12:04

Non sei... Paréceme un pouco cutre que poñan pelis en DVD...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-08 12:48

Fala vostede de "Cineuropa", claro. A min paréceme algo a evitar a toda costa, porque para ver un DVD case prefiro quedar na casa, aínda que entendo que ás veces é inevitábel (por exemplo, porque non hai copia disponíbel, ou a que hai está en pésimo estado). En calquera caso, diso non se pode abusar: montar ciclos e sesións completas en DVD é unha demostración de "certa premura", por dicilo finamente...



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-08 13:45

Buff... releo o comentario dous e vexo que destaca moito de dios.



6
De: Víctor Fecha: 2006-11-08 14:48

Visitar mi modesto blog www.explicandogalicia.blogspot.com



7
De: Mifune Fecha: 2006-11-08 15:05

Lo más "kitikagas" será la llegada de la tal "Pilar de las Ketchup". Diossss... qué cutre.

Al menos será un oportunidad para que alguno de esos invitados vaya por lo menos un día al cine.



8
De: ghanito Fecha: 2006-11-08 19:01

Lamento dicir, Pawley, que só descoñezo a 8. Incluindo ó MR 06 que supoño será o Mr. España (se fora a Miss. España non sei...)
Mais desafortunadamente ainda, é posible que os meus descoñecidos sexan xente do cine.
No que si teño sorte é en que cada día vexo menos televisión e hai un ano coñecería a case todos e o ano que ven descoñecerei a 20 ou 30 ¡bendita rede!



9
De: Vendell Fecha: 2006-11-09 09:45

Polo menos tiveron a delicadeza de poñelos en rigurosa orde alfabética.



10
De: Fagot Fecha: 2006-11-10 02:22

Pois vou a pasar de ir que con toda esa xente vai estar o cine petado :)



11
De: leco Fecha: 2006-11-10 20:31

Hai 27 nomes que non me soan absolutamente de nada de... creo que 58. Iso debe ser malísimo, non?



12
De: Mifune Fecha: 2006-11-11 13:00

Pawley, en la lista de 2 grados de separación entre usted y otras personas.. ya puede sumar a Morricone ;-)



13
De: listo Fecha: 2006-11-18 20:48

Menudo desastre de película.
Por mucho maquillaje que le pongan, Helen Mirren no se parece en nada a Freddy Mercury.



14
De: dora Fecha: 2006-12-10 20:56

angel mendoza pineda criminal en acapulco lo dice dora



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley