A falta de tan só dous outonos para convertirse en centenario, Manoel de Oliveira mantén o seu incríbel ritmo de facer un filme por ano. A homenaxe a Luis Buñuel e Jean Claude-Carriere que supón a pequena "Belle toujours" foi un agradecido sopro de liberdade co cal sacudirse as frustracións da Sección Oficial.
Dígollo xa agora ao principio: en xeral, non me gusta o cine de Manoel de Oliveira. O que si me gusta, é cada vez máis, é el mesmo, pola súa independencia venerábel e patriarcal. O portugués, malia ter nacido en 1908, é realmente un home do século XIX, ou talvez de antes; conservador, moi conservador, e cunha concepción do mundo antiga, estremadamente antiga. Un home capaz de explicar en rolda de prensa os cambios morais ao longo do tempo co exemplo de que cando el era novo as mulleres debían chegar virxes ao matrimonio e agora xa non é preciso. Di iso e queda todo cheo. É fillo dun país e dunha época, así que dificilmente podería ser algo distinto, e ademais coa súa idade e traxectoria xa está en condicións de facer e dicir canto lle pete [...] ¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.