O primeiro dos Premios Donostia desta edición, Max von Sydow, deslumbra na rolda de prensa polo seu humor, lucidez e cordura, xusto o que necesitabamos para superar a indignidade do último filme de John Boorman, "The tiger's tale".
Max von Sydow é unha lenda viva do cine. Isto que digo é unha frase feita, seino, pero tamén é unha verdade incuestionábel. Ao longo dos seus setenta e sete anos tivo tempo de facer un cento longo de filmes nun feixe de países, de traballar para directores como John Huston, Steven Spielberg, Sidney Pollack (cando pagaba a pena) ou os europeos Bertrand Tavernier, Bille August e Lars von Trier. Fixo de Xesús e tamén do Demo, e mesmo encargouse de expulsar outro do corpo dunha nena mal falada que lle daba singulares usos aos crucifixos. En xeral os produtores tenderon a velo en papeis cunha certa carga espiritual, consecuencia directa do seu traballo con Ingmar Bergman en obras cun forte arrecendo filosófico e relixioso [...] ¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.