Hoxe luns, 18 de setembro, ás 20:30 no CGAI (r/ Durán Loriga, 10 -baixo), presentación do documental Ilusiones visuales:
ILUSIONES VISUALES (Voz Audiovisual, 2006)
As ilusións visuais reflicten as ambigüidades ás que se enfronta a visión humana. Consideradas durante moito tempo como simples erros no xeito en que vemos o mundo, hoxe en día son empregadas polos científicos como ferramenta para comprender os mecanismos da percepción visual. Da man de varios dos máis prestixiosos investigadores da materia, o documental explora o mundo das ilusións visuais e a súa estreita relación con expresións creativas tan diferentes como a pintura, o cine ou a maxia.
Científicos participantes: Richard Brown (Exploratorium San Francisco), Margaret Livingstone (Harvard Medical School), Semir Zeki (University College, Londres), Susana Martínez-Conde (Barrow Neurological Institute), Luis Martínez (Universidade de A Coruña), Richard Gregory (Universidade de Bristol), George Mather (Universidade de Sussex), Lothar Spillman (Neurozentrum University Hospital, Friburgo), Dejan Todorovic (Universidade de Belgrado), Arthur Shapiro (Bucknell University), Stephen Macknik (Barrow Neurological Institute), David Hubel (Harvard Medical School), Stuart Anstis (Universidad de California, San Diego), Akiyoshi Kitaoka (Universidade Ritsumeikan); Dirección: Marcos Pérez e Óscar Sánchez; Guión: Susana Martínez-Conde, Steve Macknik, Luis Martínez, Marcos Pérez e Óscar Sánchez; Cámara e iluminación: Natalio Lorenzo; Sonido: Santi Jul; Montaxe: Manu Mayo; Axudante de montaxe: Iria Puga; Grafismo: Xes García e Carolina Lorenzo; Animacións: Mark Schornak, Michael Hickman e Marie Clarkson (Barrow Neurological Institute); Postprodución audio: Víctor Seixo; Produción: Raquel Diz e Álvaro Someso; Produción executiva: Alfonso Blanco e Pepe Coira.
¶
Entérome tarde, pero tampouco ía poder ir. Gracias pola crítica do Desastre Alatriste. Para Javier Marías, ese repunante de gustos culturais apocalípticos é unha obra mestra. PAra o meu rapaz preadolescente, nin fu nin fa (e iso que hai acción e puñaladas). Pola publicidade xa se adiviñaba que moi ben o contexto, a Historia, pero moi mal ou inexistente, a historia. En resumo, gracias por reforzar o meu vinculo pai fillo.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.