caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 12 de agosto
> Extrarradio, 12 de agosto <



Tarde xa para avisar a ninguén, sirva polo menos para que quede constancia aquí no blog: hoxe no Extrarradio viaxamos virtualmente até Tailandia para repasar a (monárquica) orixe do seu cine, a tradución simultánea en sala como procedemento equivalente á nosa dobraxe e que conduciu á celebridade a algúns actores daquel país que facían todos os papeis e mesmo os efectos sonoros, e por suposto o rexurdimento nos 90 da industria trala crise das dúas décadas anteriores, co desenvolvemento dun cinema comercial de xénero, sexa o terror dos Irmáns Pang ou as películas de artes marciais na liña Ong bak, destacando tamén un certo gusto pola homenaxe/parodia (caso de As bágoas do tigre negro) e a temática LGBT (Beautiful Boxer).

Pero o que verdadeiramente nos interesa do cinema tailandés é a modernidade e o cambio radical que representa Apichatpong Weerasethakul, o xenial autor de Blissfully yours, alfaia de exuberante sensualidade, e de Tropical malady, seguramente unha das obras máis debatidas dos últimos anos; un filme enigmático e escuro (en todos os sensos) pero tamén arrebatadoramente fascinante. De Apichatpong (Joe para os amigos) e de Pen-Ek Ratanaruang falamos co convidado desta semana, José Manuel López, que fai desde Vigo unha das mellores revistas de cine en español da rede, Tren de sombras, xa convertida nunha referencia para calquera cinéfilo interesado por outras latitudes, espaciais e estilísticas, diferentes ás que nos ofrece a carteleira habitual.

2006-08-12, 23:06 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42193

Comentarios

1
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-08-13 21:44

¿Puedo llegar a apreciar las películas de A.W. no teniendo una tendencia natural al senderismo?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-16 20:31

Por suposto, Don Erre que Erre; o único que precisa é non ter unha tendencia natural ao anquilosamento. Aínda que o que di lémbrame o que lle escoitei a un tipo moi intelixente -e non moi partidario de Apichatpong-, citando con ironía unha crítica de Tropical Malady na que o autor explicaba que o filme "recuperaba a felicidade de vivir á intemperie".



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley