O Extrarradio do sábado 22 de xullo vai camiño de Senegal, para honrar ao pai do cinema africano, Ousmane Sembene, e lembrar a outro director daquel país, Djibril Diop Mambéty, nunha viaxe na que estaremos acompañados pola música de xente coma Ismael Lo, Baaba Maal e mesmo unha inesperada mestura de gaita e djembé...
hoxe na Coruña: presentación da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal, na Fundación Caixa Galicia, ás oito da tarde. Non perdan de ir, que vai estar Viascón tocando o serrucho!
¶
moliceiro: adj. e s. m.,
que ou o que apanha moliço;
sargaceiro;
barco ou designativo do barco em que se transporta moliço.
moliço: do Lat. *molliciu < mollis, mole, s. m.,
limos e outras plantas aquáticas que se apanham para adubar as terras;
colmo para cobertura de choupanas;
caruma seca.
Hola, da gusto encontrarse con un gallego x la red!!! Me encanta tu blog, cai me lo leo enterito!! jajaja. Espero q te pases por el mio y comentes en algo q nos preocupa a todos Os Galegos: los incendios. y ademas apoyar a Oscar Pereiro!!!. Saudos dun veciño.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.