Castelao definía a Pedriño e Rañolas, os dous personaxes protagonistas da súa novela Os dous de sempre, dicindo que miraban o mundo un desde a perspectiva da ra e o outro desde a perspectiva alta do paxaro. O primeiro é o pragmático que sería quen de comer ao seu pai polos pés, mentres o segundo é o idealista que andaría sempre nun cabalo branco se fose rico dabondo. Son dous tipos humanos característicos, que se atopan ao longo de toda a historia da literatura. Como Sancho e o Quijote, claro, salvando as (xigantescas) diferenzas de calidade, manifestamente favorábeis ao manchego.
Exhibida na Quincena de realizadores de Cannes, Honor de cavalleria, de Albert Serra, emprega a arquetípica parella cervantina para construír unha obra repousada e contemplativa, case sen estrutura. Rodada en escenarios naturais practicamente imposíbeis de identificar, paraxes e campos cataláns sen a máis mínima presenza de construcións humanas, un espazo de fascinación austero e abstracto equivalente ás espesuras selváticas da segunda metade de Tropical malady ou ao río (rulfo)quiroguiano de Los muertos, a película recréase na representación non narrativa das paisaxes e na cotidianeidade dos tempos mortos, cun Quijote rosmón e metafísico, máis terminal que decadente, e un Sancho que parece posuído polo estrañamento, como se non soubese ben que fai acompañando a ese home que de cando en cando fala para o ceo. Para Miguel Marías é un western; eu diría que é un western de Sergio Leone feito por Robert Bresson, unha proposta extraordinaria e insólita tan afastada deste tempo e deste mundo que necesariamente ten que provocar simpatía e mesmo entusiasmo en calquera cinéfilo que non padeza miopía.
¶
¡Se me ha hecho la boca agua con tu post! La película tiene toda la pinta de ser de las mías. Espero poder verla y paladearla cuanto antes.
Aunque hablo sin haberla visto -y con ello al comentar sojuzgo tu análisis- tengo la impresión por lo que escribes que, al igual que infinidad de críticos, mentas a Bresson en vano. Con esto quiero decir que casi siempre que veis una película de puesta en escena "pelada", interpretaciones "no profesionales", hieratismo en la expresión de los actores y apenas diálogos, ahí va la etiqueta bressoniana.
Aunque la sombra del maestro es de las más alargadas de la historia del cine (especialmente contemporáneo), los que realmente recuerdan a él por derecho propio son apenas un puñado. Lo más fácil resulta apuntarse a sus postulados creyendo que sólo con eso ya se llega (o se aspira a llegar) a dónde él llego.
mourullo, escoitou vostede por un casual a Albert Serra falando de Oti? ;-)
Don Erre que Erre, Albert Serra está como director a uns cantos millóns de anos luz de Bresson, e despois de coñecelo intúo que a distancia fílmica entre eles non vai diminuír demasiado. Iso non quita que o cine de Albert Serra teña unhas evidentes intencións bressonianas, como tamén ten hai nel a pegada do Gerry de Gus van Sant, mal que lle pese ao catalán, e non tanto a de Sokurov, que cita como un dos seus referentes.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.