caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 8 de xullo
> Extrarradio, 8 de xullo <

O apartado peliculeiro do Extrarradio colle desde mañá unha forma un pouco diferente, pois durante o verán viviremos menos apegados ás estreas de cada semana e dedicaremos o tempo a viaxar cinematograficamente falando polo mundo. O noso primeiro destino será Brasil: repasaremos, coa colaboración como cinéfilo de Xoán Lagares, profesor galego da Universidade de São Paulo, o que se estivo cocendo por aquelas terras durante os últimos anos, desde os máis coñecidos Walter Salles e Fernando Meirelles até o no noso país inédito Jorge Furtado, sen esquecer as fantásticas mostras producidas dentro do xénero do documental. Reservaremos, iso si, un minutiño para lembrar ao director e guionista Juan Pablo Rebella, autor da xenial Whisky, falecido na madrugada do pasado mércores.

2006-07-07, 18:46 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41406

Comentarios

1
De: Jaio la abuela espía Fecha: 2006-07-07 20:47

¿Sigue usted hablando por la radio los sábados?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-07-07 23:41

Á luz deste post que cre vostede, querida espía?



3
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-07-08 03:09

Por certo sabes muito mais sobre cinema brasileiro do que eu!

:D

Boa sorte amanhã!



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-07-08 08:46

Obrigado, Pedro. O caso é que na Galiza apenas houbo estreas de cinema brasileiro nos últimos anos, mesmo despois do éxito de Cidade de Deus; cóntanse cos dedos dunha man, e abofé que sobran dedos: Carandiru, MAdame Satã, e para de contar. Internet xoga máis unha vez ao noso favor, permitíndonos ver moitos filmes que aquí non chegarán nunca.

A semana que vén prometo post sobre cine brasileiro.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley