caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Matáronos para nada
> Matáronos para nada <

"Eso es lo que transmite con sus actos el presidente del gobierno: que todos aquellos que aguantaron y fueron asesinados, aguantaron para nada, y les mataron para nada". Máis unha vez falou Aznar; máis unha vez falou desde o rancor, desde ese odio visceral e católico que lle é tan propio. Existen posibilidades moi serias para a paz, pero ao ex-presidente o que lle preocupa é que as vítimas do terrorismo "sufrieron para nada", do que se deduce que hai sufrimentos dos que se poden sacar cousas positivas. Hai mortes das que cabe tirar moito proveito, seica. Eu pensaba que a dor era no mellor dos casos unha desgraza, e como tal algo indesexábel para un mesmo ou para calquera. Para Aznar a dor pode traer resultados valiosos. É esa maldita herdanza xudeocristiá: o sufrimento é bo, e canto máis se sofre, máis perto fica un do paraíso. O que puntúa non é o esforzo a prol da felicidade allea, senón a capacidade para o sacrificio, preferibelmente físico: hoxe deixo que me arranquen as pálpebras e mañá amoso boa disposición para arder feliz no lume. A tradición sempre mirou con bos ollos a agonía.

Recorro, desde o meu ateísmo, á vella lucidez do Abbé Pierre:

Amar consiste en que cando ti, o outro, es feliz, eu son feliz tamén. E cando ti, o outro, es desgrazado ou sofres, entón eu pásoo mal tamén. É tan simple como iso. Entón digo: a vida é un pouco de tempo ofrecido a unhas liberdades para que, se queres, aprendas a amar, coa certeza de que haberá que loitar contra o mal.
Sentido da creación: que o amor responda ao amor. Se non existise ese punto culminante en que de súpeto dúas liberdades poden consagrarse e amarse, toda a creación sería absurda.
(...) Naturalmente, todos os humanos van na procura da felicidade. Pero vivir unha vida cristiá auténtica non é buscar a felicidade a toda costa. É buscar amar, a calquera prezo.
Ao dicir isto son moi conscente dunha deriva que hai que evitar e na que caen moitos cristiáns moi piadosos: a do "dolorismo". Contra o que sempre se nos ensinou, o mérito non garda ningunha relación coa dificultade. O mérito mídese polo amor co que se realiza un acto, e non polo que custa (dolorismo).
O dolorismo é unha abominación e unha caricatura da vida cristiá que consiste en buscar o sufrimento, ou en compracerse con el, co pretexto de que Xesús sofreu. Non. Simplemente hai que aceptar a vida tal como se presenta, e se non pode evitarse un sufrimento, entón máis vale aceptalo con amor que rebelarse ou fuxir del pechándose nun mesmo.

2006-07-04, 00:00 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41322

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2006-07-04 00:34

Hai anos (¿dende o atentado?) que se comporta como si para él o terrorismo fose unha cuestión persoal, e non unha cuestión de estado. E como ademáis ten ese pulsión profética, non lle custa moito converter a cuestión persoal das víctimas todas nunha cuestión de estado.



2
De: ictioscopio Fecha: 2006-07-04 01:03

"O mérito mídese polo amor co que se realiza un acto, e non polo que custa (dolorismo)."
se cadra debera gravarme iso na fronte... obrigado por ser instrumento hoxe, Pawley, dalgo que precisaba ouvir ou ler.



3
De: O levantador de minas Fecha: 2006-07-04 08:45

Con frecuencia o ateísmo surxe tan perto da Igrexa como no caso do Abade Pierre. Ateísmo como sinónimo de anticlericalismo, claro, vinculado directamente a unha experiencia humana positiva. Todo o contrario que a Igrexa oficial, e o fundamentalismo católico en particular, defenden: os valores da represión sexual-sexista, dos desexos de superación individual, etc.



4
De: jorge Fecha: 2006-07-04 09:53

Hai anos un dos acólitos desta persoaxe dixo que había dúas clases de persoas, as que mataban e as que non. É unha primeira división porque dentro das que non matamos hai outras dúas: as que non sacamos (nin pretendemos sacar) nada das mortes e as que si. Secadra moita xente debera plantearse en cal déstes dous "subbandos" está.
Probablemente a xente da ideoloxía política do expresidente debera asumir que hai cousas que nunca se conseguerán cando eles están no poder porque sería apuntarse un tanto que os "outros" non lles van permitir disfrutar, teñan a porcentaxe de participación que teñan nos logros; que o pensen porque ós que formarmos parte de outra ideoloxía non nos custa asumir que nunca teremos da nosa parte nin o poder nin os cartos, que non é pouco.
Por certo, eu creo sinceramente que só hai dúas clases de persoas, as boas persoas e as malas persoas, e tamén sei en que bando están o Sr. Pawley e Mr. Aznar, e non é no mesmo.



5
De: Silesium Fecha: 2006-07-04 10:36

A tradición sempre mirou con bos ollos a agonía. Que bonito, Martin.



6
De: martrolas Fecha: 2006-07-04 17:15

Pois eu creo que Ansar e o resto, están tratando de evitar por tódolos medios que isto se acabe pois se algún día volven ó poder, e que nuestro señoriño non o queira!, con que van facer campaña?
E peor aínda, como aceptar que foron outros os que lograron acabar cas mortes, así que tratemos de encirrar un pouco ós máis afectados para que a cousa non siga o curso que xa debera seguir hai tanto tempo.



7
De: leco Fecha: 2006-07-04 23:23

Creo que subscribo o 100% do texto e dos comentarios. E que me din do Sr. Rajoy semre a dicir: las "personas normales" pensamos que...



8
De: Larvós Fecha: 2006-07-05 09:32

Por non falar das reaccións que causaron as súas intervencións en Italia. Cómo estaremos nós que xa non nos estraña case nada, porque por alá, malia estaren acostumados as saidiñas de Berlusconi (que tamén lle chega ao pseudogigoló milanés), quedaron alucinados polo que definian como “ton profético do seu discurso”. E é certo; non fala como un político, senón como un profeta do neoliberalismo. Semella que se teña por unha especie e elexido para salvar ao mundo (e vaille pasar como a Risco, que andivo media vida a voltas cos demos, pero que cando tivo a un “diaño” diante, non so non se enterou, senón que se uniu a el).



9
De: X Fecha: 2006-07-05 18:53

Pareceume un post moi interesante, co seu permiso incluín un link a el no meu blog.



10
De: Jaio, espía anarquista y romántica Fecha: 2006-07-07 20:46

¡Qué tiempos! me ha emocionado ver a l'Abbé Pierre en esta bitácora. No es por hacerme la chulita pero cuando usted aún no había nacido... servidora tuvo el placer de conocer al Abbé Pierre, siendo trapera de Emaús. Algo ya hicimos, ya, entre 1970 y 1973... fundamos Emaús-Bilbao. ¡Ay! (suspiro nostálgico)



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley