caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > José Ernesto Díaz Noriega
> José Ernesto Díaz Noriega <

Da Praia das Lapas á do Orzán, da queimada á caipirinha, de Antonio Simón a Xaime Pena: mañá, con máis tempo e máis descanso, cóntolles o que deu de si esta fin de semana á cal aínda lle queda outra noite longa. Avánzolles xa que a do venres arrancou coa estrea do excelente documental de Marcos Nine Pensando en Soledad, que revisa a figura dun dos pais do cine galego, José Ernesto Díaz Noriega, barcelonés afincado durante corenta anos na Coruña que lle meteu no corpo o veneno da cinefilia a moitos dos directores que logo intentaron facer filmes no noso país, como Miguel Castelo, Carlos Amil ou Xavier Villaverde. O documental véndese este domingo coa Voz de Galicia formando parte dun DVD extremadamente recomendábel que inclúe varias das pezas feitas por Díaz Noriega, incluída esa na que explica como rodar Cine amater a ritmo de cuplé; unha curtametraxe divertidísima que acabará sendo, xa verán, carne de YouTube. De todos xeitos, e dado que o DVD custa menos de catro euros, eu de vostedes non agardaba até entón.

2006-06-24, 21:27 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41118

Comentarios

1
De: marcos de auria Fecha: 2006-06-25 19:13

Se tes un momentiño de vagar, convidámoste a visitar e máis a participar nunha bitácora que quere traballar por defender o galego en positivo:
www.blogoteca.com/falamosgalego/
Un saúdo cordial.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley