caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A vida é bela
> A vida é bela <

Grazas ao IMDB podo poñerlle data á primeira vez que eu falei co mestre: foi o 21 de marzo de 1999, un domingo pola mañá, poucas horas antes da entrega dos Oscars na que aquel ano vencería Shakespeare in love. De quen máis nos ocupamos foi doutro triunfador, o Roberto Benigni de La vitá è bella, esa enorme cursilería que el apreciaba ben pouco e eu aínda menos. A nosa favorita entre as nominadas era, por suposto, The thin red line, o maxistral filme de Terrence Malick, o mesmo que hai uns meses nos ofreceu a moi decepcionante The new world, unha nova volta ao parafuso do seu eterno discurso de eloxio ao primitivismo inocente. Durante uns anos Xabier e máis eu fixemos tertulia todos os domingos co cine e a literatura como fíos condutores, facendo do choio d'o Suso o noso lugar de reunión. O costume de atopármonos a hora fixa foise perdendo, substituído por frecuentes encontros casuais, mesmo ás veces case diarios, e en calquera caso lóxicos dada a nosa condición de veciños de barrio.

En abril Xabier fixo os seus primeiros sesenta anos, e para celebralo uns cantos dos seus moitos amigos xuntámonos antonte en La Mediterrania, onde María, a brava. Foi xusto despois de que el presentase na Coruña os Cuentos en favor de la familia, acontecemento que serviu ademais de perfecta tapadeira para facerlle logo unha cea sorpresa. Din que ese sábado non foi quen de durmir; conseguimos que perdese o sono, pero como ben di Leco nin sequera desta vez puidemos deixalo sen palabras.

2006-05-29, 14:14 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/40375

Comentarios

1
De: Mifune Fecha: 2006-05-29 14:53

Me alegra y tranquiliza que te guste "The thin red line". No sólo íbamos a tener en común a Jackie Chan.
Esa película es toda una lección de cine, técnica y artísticamente hablando.



2
De: el niño de la guía Fecha: 2006-05-29 19:25

Nom som um cinefilo mas de quando em quando vou ao cinema. The thin red line foi a unica pelicula que nom esperei a ver rematar...



3
De: Phil Esterhaus Fecha: 2006-05-29 22:26

La primera vez que la vi en cine me horrorizó... pero sabía que había algo especial en ella y me la compré... la segunda vez que la ví me gustó... la tercera me enamoró... hace poco volví a verla y me parecio poesía: hay que verla en el momento adecuado para disfrutarla de verdad...



4
De: Vendell Fecha: 2006-05-29 23:03

O do Suso - o venres foi o meu primeiro día alí - é un lugar fantástico. E logo a impresión de escoitar a este home dicindo que toda a literatura pódese reducir a combinacións lineais da vida, a morte, o amor e o desamor.

¿E a pesca subamarina?



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley