caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O creacionismo, vaia trapallada!
> O creacionismo, vaia trapallada! <



Leo case dunha sentada El Creacionismo, ¡Vaya timo!, un dos tres primeiros volumes da nova colección de divulgación e pensamento crítico contra a trapallada magufa editada por Laetoli. O primeiro que sorprende do (excelentemente escrito) libro de Ernesto Carmena é a súa propia necesidade. Pero de verdade hai xente hoxe en día que pretende negar en serio a teoría de Darwin? De verdade existen persoas convencidas de que Deus creou a vida na Terra en seis días e hai non máis de seis mil anos? Pois si, e a feixes, e con diferentes graos de intensidade na súa estupidez e perversidade. O de Ernesto Carmena é un panfleto no mellor sentido da palabra: un texto atrevido, provocador, directo, feito con humor e mala uva, que non sacará do seu erro aos que acostuman a darlle vacacións á razón en favor da súa fe, pero que si serve para cargarse de razóns coas cales fuxir da maré negra do Deseño Intelixente e a súa presenza pública cada vez maior e en foros aparentemente máis serios. Rigoroso e ao mesmo tempo moi lixeiro, confirmando que a precisión e a fortaleza das ideas non está enfrontada coa amenidade, esta carta para un crédulo é unha ferramenta valiosísima para desmontar os tópicos e mentiras habituais dos paranoicos do creacionismo, colectivo cuxa perigosa capacidade de influencia a nós aínda nos parece distante. Lean, pois, o libro; léano e difúndano, e canto antes, mellor.

2006-05-12, 13:16 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39890

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-05-12 13:19

Xa lles irei contando, pero se todo sae como está previsto para primeiros do mes que vén haberá un acto de presentación dos libros na Coruña coa participación do propio Ernesto Carmena.



2
De: acedre Fecha: 2006-05-12 13:34

O malo e que quen tinha que lelo non o vai ler e, se pode, queimao.
Un saudo.



3
De: El PaleoFreak Fecha: 2006-05-12 14:58

:o}
Snif.
Ma llegao.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-05-13 17:16

Paleofreak, dígalle ao seu amigo Ernesto que se prepare para primeiros do xuño.



5
De: IaRRoVaWo Fecha: 2006-05-13 17:45

Algún libro destes tampouco lle viria mal a J.J. Benitez



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-05-13 17:50

Ou a Iker Jiménez.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley