Sei polo Renas da nova demostración de tolerancia e mentalidade aberta do Papa Bento XVI: para evitaren o risco de perder a fe os católicos deben cortar calquera comunicación con persoas que se teñan afastado da doutrina da Igrexa de Roma. Fora o contraste de ideas e de pareceres; onde estea un bo dogma, que se quite o pensamento libre. Así que xa sabedes, católicos do mundo: retirádenos o saúdo aos ateos, non vaia ser que vos contaminemos, e abandonade canto antes o blog deste pecador que non cre en Deus ningún.
¶
Grande cruzada contra o ateísmo se mostra no horizonte .. tecer declarações contra ateus parece estar mesmo na moda .. tem um padre famoso aqui no Brasil, chamado Marcelo Rossi, que vinculou o crescimento da violência ao crescimento do ateísmo .. ô gente medieval!
Grande citação, caro Pedro Lemos. Aliás, tb já comecei a notar nessa moda anti-ateísmo. Fica bem ser-se contra quem se declare ateu. Tenebrosos tempos de regresso ao obscurantismo?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.