Na véspera do Día Internacional do Libro Infantil no Extrarradio do sábado 1 de abril imitaremos ao British Film Institute e escolleremos media ducia de filmes que todos os nenos deberan ver antes dos catorce anos, nunha viaxe cinematográfica que nos levará até Brasil, Burkina-Faso, China, Franza, Irán e Estados Unidos. O cinéfilo desta semana será un recén chegado á LIX, Marcos S. Calveiro, o autor dese Sari, soñador de mares do que xa lles falei -e ben, por certo- neste blog. Entre unhas cousas e outras, procuraremos que non nos quede tempo para falar da moi decepcionante O arco, que chegou hoxe ás salas galegas para confirmarnos que Kim Ki-Duk é un home que dirixe demasiado.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.