Dentro dunhas horas os amigos da
Agrupación Io desprazados a terras turcas terán oportunidade de experimentar a emoción dun eclipse total de Sol, un acontecemento astronómico que crea verdadeira adicción
nalgúns afeccionados. Na Coruña a porcentaxe de máximo ocultamento do Sol é dun birrioso 15% a iso das doce do mediodía, un pequeno bocadiño apenas que poderíamos ver se houbera un pouco de sorte e as nubes nos ofreceran algunha oportunidade. Os consellos dados con ocasión do
anular de outubro valen tamén para o de hoxe: teñan moito coidado e non arrisquen de ningunha maneira a saúde dos seus ollos. Se queren máis información, lean
este completo artigo que sae en
Infoastro e que nos indica un feixe de ligazóns interesantes desde as cales facer un seguimento do paso da Lúa por diante do Sol. Os de
MeteoGalicia anuncian para o mércores un empeoramento xeneralizado do tempo en Galiza, así que haberá que conformarse con Internet. Con Internet e con Charles Mingus: disfruten tamén deste
Eclipse que
aquí lles deixo, un fermoso tema dese xenial músico de jazz cantado por Lorraine Cousins:
Eclipse
Cando a Lúa encontra ao Sol
Eclipse
Os dous corpos parecen ser un só
¶