Disque mañá La Voz de Galicia vai anunciar un cambio na dirección do xornal: Bieito Rubido dá paso a Xosé Luís Vilela, un home da casa, quen ficará como director en funcións até que o Rei Lear designe o sucesor definitivo. Artigos seus comaeste fan que me resulte moi agradábel esa elección.
¶
Pois nada, que o señor P. púxose a falar dos cambios que se ían producir na dirección dun dos medios galegos de comunicación máis importantes. E o resto que nin idea. O señor P. deixou caer que falaba do máis importante. E Tino Santiago reaccionou e preguntou se marchaba Bieito Rubido... O señor P. confesou que tiña enterado da nova media hora antes, máis semella que non chegara aínda á Radio Galega...
---
Media hora despois a redacción da Radio Galega en comunicación coa da Voz confirma a noticia e, XM Pereiro dixit, "non queda como mentiroso".
"Bieito Rubido acaba de dimitir como director de La Voz de Galicia. Sus diferencias con el Consejero Delegado, José Gabriel, eran conocidas por todos dentro y fuera de la casa. De hecho, a primeros de año ya se hablaba de la inmimente salida de Rubido quién, dicen, había perdido la confianza del editor Santiago Rey. En su día se hablaba de Fernando Salgado como sustituto de Bieito, si bien su nombramiento como secretario general de Comunicación puede cambiar el escenario previsto. Salgado es un hombre de La Voz, con experiencia en la dirección de periódicos, con fama de buen gestor, experto en información económica, conocedor de la realidad mediática gallega y, sin duda, el preferido de Santiago Rey. Habrá que esperar acontecimientos."
Boas a todos!
Dudo moitísimo que Salgado puidese ser director da Voz (non por capacidade) senón por unha clara falta de confianza (foise e voltou da Voz varias veces).
A min encántame este nomeamento ;) É merecido, estou segurísimo
"No tiene la pegada de Luis Ventoso, subdirector y ex director de Diario 16, ni la pluma literaria de César Casal" e na redacción din ao ler iso: "si supiesen quien escribe bien de verdad"...É ahí o que dicío noutro post, hay que coñecer, e Ventoso e Casal saben como escribe, cal é a súa pegada...
Si, a min tamén me sorprendeu un pouco esa algo estraña afirmación de Juan Varela... Imaxino, Uxío, que lería os (ácidos) comentarios que aparecen nese post.
...e o que dá bastante medo é a posibilidade que alguén insinúa da chegada dun "director de moito nome", en plan Fernando Ónega ou Manuel Campo Vidal. Agardo que o Rei Lear manteña aínda algo de lucidez.
A mín sorpendeume sobremaneira, sabendo que eles tamén o saben. E sorpréndeme tamén eses ataques nos comentarios a Luis Ventoso ou a Casal, que son tamén boísimos periodistas.
Por outra parte, non foron de 9 a 3 as páxinas sobre ETA, senón 16. E se queda algunha dúbida que alún destes gurús e "catedráticos" miren o número de páxinas sobre o tema do alto ao fogo no diario de León.
Supoño que en pouco tempo escribirei sobre os gurús e o seu coñecemento das cousas e a endogamia.
Saúde!
Por certo, Uxío, non discuto que Luis Ventoso sexa un excelente xornalista armando portadas, improvisando titulares e todas esas cousas que son moi convenientes no día a día; pero artigos coma este, con esa frase final agora tan oportuna, serven para que eu garde certas reservas sobre a persoa.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.