caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Mellor montaxe
> Mellor montaxe <

Mentres fago outras cousas no ordenador, vexo a cerimonia dos Mestre Mateo. Acaban de darlle o premio á mellor montaxe a Manu Mayo, que non está presente, por As leis de Celavella. No seu nome, Jorge Coira comparte o galardón coa xente que tamén traballou na edición da serie, Marisol e unha tal Iria.

Por razóns que non é preciso explicar (aínda), debo dicirlles que ese galardón alégrame bastante.

2006-03-20, 01:18 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38440

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-20 01:32

O premio, por certo, é compartido cos que editaron A noite de San Xoán. Xa saben, o do produtor ese que lle dedica os triunfos ás caixas de aforros.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-20 13:31

De feito, As leis de Celavella levou case todos os premios, incluido o de mellor dirección de produción (nunca entendín ben como se avalía iso vendo o produto final) para Alfonso Blanco e Paula Hernández. Lista completa de premios e nominados, en Vieiros. Concordo con case todo o que di nese artigo a directora, aínda que me alegra, a verdade, que arrase Celavella aínda que só sexa para evitar un triunfo dunha cousa tan penosa como a de Dygra. E o 6,5% de audiencia, quen llo dera a Cuatro, en xeral...



3
De: ifrit Fecha: 2006-03-20 18:24

Fagot tamén fai un repaso dos premios, ademáis de que o día anterior fixera unha quiniela (na que apenas acertou nada :p
http://apelidodia.bitacoras.com



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley