Según conta nun pequeno solto El Cultural, a librería que máis vende en España é o Cortinglés, co 15% do mercado (sen contar Opencores e Hipercores), seguido dos Carrefules (un 10%) e a FNAC (un 8%). Conclusión típica dun galego laiante: isto é unha desghrasa, non hai nada que faser. Conclusión típica dun optimista que sabe sumar: un terzo do mercado está en mans de tres grandes superficies comerciais. Os outros dous terzos, non.
dois
O Cortinglés ten 75 centros, Carreful 140 e a FNAC só doce. Se a FNAC vende a metade que o Cortinglés coa sexta parte de establecementos, algo bo estará facendo a FNAC, digo eu (no caso dos libros non sei, que non lles compro, pero no das películas podo darlles un feixe de pistas).
¶
A diferencia é ben clara: tentade mercar un libro de historia de calidade mínima no Corte Inglés, a ver cantos atopades, e logo pasade pola mesma sección nunha FNAC, tanto en España como en Portugal. Despois desa visita o que sorprende é que a FNAC non teña o 25% do mercado. Ainda que, por outra banda, está visto que o que fai as grandes cifras de venta son a divulgación pouco rigorosa, a novela rosa, os libro s de Ana Rosa, os JJ Benitez e demais familia. Iso explica as porcentaxes.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.