caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > 17-Decembro, Xantanza do Blogmillo
> 17-Decembro, Xantanza do Blogmillo <

Decidida xa a data -sábado, 17 de decembro- e a cidade -Santiago- onde celebrar a tradicional xuntanza xantanza do blogmillo, é momento de irmos precisando outros pequenos detalles sen importancia, como o restaurante ao que acudir ou o número de comensais. Lémbrolles tamén que ascárida está elaborando o Censo 2005 de blogs en galego e que estades todos convidados a facer as vosas apostas sobre a cifra exacta de bitácoras na nosa lingua. Ao que máis se achegue habería que regalarlle algo, digo eu. Propoño tres alternativas literarias:

- Un exemplar de número e asinado por Estíbaliz Espinosa, a quen como blogueira que é agardamos no xantar.

- O Cabaret Voltaire de Jaureguizar en PDF e Copy Ceibe.

- Esa gran novela que o país necesita, unha vez que o seu autor a acabe, alá polo 2046.

E se non vos parece ben, sempre podemos optar polo licor café ourensán.

2005-11-30, 00:05 | 37 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/35199

Comentarios

1
De: Hai Cada Fecha: 2005-11-30 01:48

Eu diría... 483



2
De: ascárida Fecha: 2005-11-30 03:08

Confirmo corporeidade.

E oigha, no pack de regalos tamén pode ir O home inédito. Digho eu.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-30 12:02

Pero O home inédito está xa ao alcance de calquera: é o bo que teñen as editoriais menos gutenberianas. Habería que darlle entón un toque de certa exclusividade, para que pareza un regalo con ghlamour.



4
De: Kamikaze Fecha: 2005-11-30 14:29

E non pode ser esa xuntanza en Ourense? Tocan Burgas Beat no Rock Club ese día...



5
De: Goretti Fecha: 2005-11-30 15:28


Martin, se andades cunha copia pirata do Jaureguzar,envíadema por correo. Eu quero facer ghasto no pdfmanta. Qué carallo!



6
De: dorfun Fecha: 2005-11-30 16:32

...eu digo 349 que é primo... e solicito algunha presenza mitómana na xantanza...



7
De: peke Fecha: 2005-11-30 20:36

...eu digo 298, aínda que algún dos regalos máis parecerá un castigo :)



8
De: paleón Fecha: 2005-11-30 22:34

eu digo 323, cales se tiñan en conta para o reconto??



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-01 02:10

Imaxino que todos os que deixaron comentario até o memomento vides ao xantar, non si?

E dígollo tamén a vostede, peke. Non se nos escaquee desta vez ;-)



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-01 02:12

E non, Goretti, non teño copia dese libro en PDF (de feito, aínda non teño ese libro). Caso de telo, por suposto, tampouco faría que rulase por aí adiante: era só por provocar ao Monstro do Canon, pero nada, non se deu por aludido.

Ou si.



11
De: acedre Fecha: 2005-12-01 04:17

Que tenhades boa xantanza e na queimada lembrai os ausentes.
En canto ao numero de blogos...eu botolle uns 330, dez arriba, dez abaixo.



12
De: folerpa Fecha: 2005-12-01 11:22

Apúntome a Xantanza. O nº de blogues: 269



13
De: folerpa Fecha: 2005-12-01 11:22

Apúntome a Xantanza. O nº de blogues: 269



14
De: peke Fecha: 2005-12-01 11:30

En principio, apúntome á xantanza. Por certo, é xantar ou cea?



15
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-01 12:08

Xantar, xantar.



16
De: kaplan Fecha: 2005-12-01 20:59

esa gran novela estamo-la a escrever no blogomillo todos, post a post. é unha novela coral, polifónica, que intercala diferentes voces narrativas.
non cren?



17
De: Anónimo Fecha: 2005-12-01 21:57

non



18
De: Jaureguizar Fecha: 2005-12-01 23:20

O Monstro do Canon axeixa sempre, aínda que non se manifeste corpóreamente.



19
De: Xosé Antón Fecha: 2005-12-02 12:45

Número: 365



20
De: Calidonia Fecha: 2005-12-02 13:03

Lamentándoo infindo non podo asistir sendo xantanza (a menos que sexa un xantar pola hora portuguesa ;-). Unha cea valeríame de calquera xeito. Aponto 555 blogues (espero ser así o que dispara máis alto). Que teñades un bo encontro.



21
De: oollodavaca Fecha: 2005-12-03 15:48

Eu aposto por 400, os números redondos danme pena da pouca prensa que teñen.

No xantar haberá herba fresca? Avisade porque, senón, mando ao humano que transcribe os meus remoementos (tamén coñecido como ohqtomr).

En calquera caso, contade con un dos dous.



22
De: oollodavaca Fecha: 2005-12-03 15:49

cachis, saíu con maiúsculas... é que os humanos... xa se sabe...



23
De: SHS Fecha: 2005-12-04 00:14

313? (mal número se non crece)
A ver se podo...



24
De: peke Fecha: 2005-12-04 19:09

E que hai do restaurante? Que sexa céntrico cando menos para non ter que usar coches, que sempre é un coñazo. Pouco podo axudar nese sentido, pero lembro que o San Clemente e o Trinidad tiñan capacidade e non estaban mal.



25
De: peke Fecha: 2005-12-04 19:10

Ben, non sei se aínda existen, pero supoño que si.



26
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-04 19:15

Pois o ideal sería que o subconxunto do blogmillo residente en Compostela propuxera sitios posíbeis.

Iso quere dicir que vostede vén, non si, peke?



27
De: peke Fecha: 2005-12-05 15:32

A miña idea é ir, Pawley; do único que depende é do tempo, porque se hai temporal non collo o coche para nada.
E que se animen os que viven alí para propoñer sitios.



28
De: estíbaliz... Fecha: 2005-12-05 16:20

Grazas polo convite...Mmm. Non creo que poida ir, pero mágoa, porque tiña ganas. Non teño nin idea do número de blogs, pero sería moi cabalístico que foran, quéseieu, 777. O que é seguro é que non son o número e.
Ah,e por favor, deixade de poñer cousas que me ruborizan. Son un ser tímido



29
De: ascárida Fecha: 2005-12-07 14:30

dinme polo baixo a taberna de pedro botero, en san pedro. seica se pode "negociar" menu. precios populares e comida riquisma.



30
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-07 14:56

Pois por min vale. Quen se ofrece para negociar?



31
De: Vendell Fecha: 2005-12-07 19:29

Vendo o número de dramaturgos que escrbiron alo menos un texto en galego dende o ano 73, e extrapolando, eu aposto por 450 (máis menos 25)



32
De: Calidonia Fecha: 2005-12-09 00:36

Para desquitarme do feito de non poder acudir á xantanza veño de realizar o meu contributo ao debate sobre o nº de blos cun recenseamento particolare. Podedes velo no meu blo. Mirámonos.



33
De: mariademallou Fecha: 2005-12-09 03:09

pois eu tamén me apuntaba á xantanza esa aínda que xa esté resolta a aposta de números de blos.



34
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-09 11:08

Ei, fican por ver as contas de ascárida, aínda! maríademallou, dámola por apuntada á xantanza. Mañá hei de facer un reconto provisional de asistentes.



35
De: Xosé Antón Fecha: 2005-12-09 12:30

Anotádeme para a Xantanza



36
De: emereci Fecha: 2005-12-09 15:01

anóteme por favor para a xantaza. e aposto un algo (por apostar) a que o censo queda nos 213.



37
De: Óscar González Fecha: 2005-12-10 20:32

Precisando que só inclúo vivos, e escritos en galego-/-portugués, e tendo en conta que no mapa de google que fixen xa coloquei a 129 deles -o mapa dispoñíbel en http://www.lantania.com/mapa/blogaliza.php
- eu calculo que alonxándome de Trántor ;-) nos aneis externos da blogalaxia ha de haber 50-60 máis; total que eu digo: 143.
Que un número que dá sorte!



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley