Inicio > Historias > Plans cinéfilos para hoxe: As harmonías Werckmeister (CGAI) + Película sorpresa (Cineuropa, 3)
> Plans cinéfilos para hoxe: As harmonías Werckmeister (CGAI) + Película sorpresa (Cineuropa, 3) <
Na Coruña
Ás 20:30 no CGAI As harmonías Werckmeister, do húngaro Bela Tarr, unha desas obras mestras que aparecen moi de cando en cando nas nosas vidas. Un filme de arrebatadora beleza composto por suntuosos e coreográficos planos-secuencia levados até o límite; un poema reflexivo e pausado sobre a tendencia do ser humano á destrución que nos cautiva xa desde a súa primeira escena, unha representación dunha eclipse solar feita nun bar, de noite, con tres borrachos facendo do Sol, a Terra e a Lúa guiados nos seus movementos por Janos, a imaxe mesma de inocencia e da bondade, testemuña e vítima dun horror sempre a punto de estoupar.
En Santiago
Cineuropa, claro. Mágoa non poder estar alí: a sesión dobre desta noite no Teatro Principal é das que merecen ser lembradas. Ás 21:15 a estrea en España do Oliver Twist de Roman Polanski, que chegará aos cines de todo o país a semana que vén. E logo, ás 23:30, a película sorpresa, unha barbaridade imprescindíbel, caótica e estimulante, un verdadeiro prodixio visual e sonoro que gañará co andar dos anos. Unha xoia desmedida que supón o maior canto á imaxinación visto en moito tempo nunha pantalla. Unha obra que irritará e fascinará a partes iguais, que provocará estampidas masivas e aplausos encendidos por parte dos asistentes rebentando Cineuropa con pura dinamita, como xa sucedeu no seu pase no Festival de Donostia.
Actualización: a película sorpresa de Cineuropa foi Tideland, de Terry Gilliam.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.